>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Festa do Samaí­n e Foliada de Defuntos na praza do Berbés
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 30 / 10 / 13 )





A véspera de Santos, o xoves 31 de outubro, a partires das 17.30 horas, na praza do Berbés, celebraremos a Festa do Samaín. Unha festa, dirixida de xeito especial ás criaturas, pero na que tamén participaremos as xentes de máis idade para transmitirlles as tradicións, os costumes, as lendas, e divertírmonos todos e todas.
A Festa do Samaín é unha celebración das máis antigas do mundo celta, na que se celebra o remate do verán e das colleitas, e se lle abre a porta a estación escura, o inverno, coa que comezaba o novo ano. Unha oportunidade de relación entre os vivos cos seus antepasados.

PROGRAMA

A partir das 17:30 horas
Obradoiro de calacús
Obradoiro de caracterización con maquillaxe
Monstruiño total de Victor Cantero
Magosto infantil

FOLIADA DE DEFUNTOS

A partir das 20:00 horas, coa participación de
Chandainas de Alcabre
Aula de gaita, percusión e pandeireta do Casco Vello
Pandereteiras do Faneco
Tralovalo de Moreira














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal