>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

PRESENTACIÓN DA TRADESCOLA - Lugo
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 6 / 11 / 08 )



Asociación de Gaiteiros Galegos encargarase de xestionar a Tradescola, que contará coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude - dependente da Vicepresidencia da Xunta de Galicia- e a Área de Cultura da Deputación

A TRADESCOLA é un novo proxecto educativo no eido da música e baile tradicionais. Este centro de ensino estará xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos e ofrecerá docencia especializada, cunha proposta educativa estruturada que lle permitirá ao alumnado adquirir unha formación integral na música e no baile tradicional. As aulas que se van a impartir son as seguintes: gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación.




NOVAS RELACIONADAS:



´Queremos que este sexa un centro integral que cubra un baleiro que hai na sociedade´
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=13396


Abre a Tradescola, o centro de música tradicional de Lugo


Nos últimos anos estamos a asistir á apertura de distintos centros que çlevan o ensino da música tradicional a un novo nivel. A propostas çcoma o Conservatorio e a Central Folque, ou o E-Trad de Vigo, çsúmase desde hoxe a Tradescola. Este centro lucense achegará çclases de gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e çpandeireta, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e çinvestigación. A Asociación de Gaiteiros Galegos é a encargada de çxestionar esta iniciativa, e o seu secretario, Xoán Manuel Tubío, explícanos as bases do proxecto.







A Tradescola abre as súas portas hoxe en Lugo
http://www.anosaterra.org/nova/a-tradescola-abre-as-suas-portas-hoxe-en-lugo-.html




A docencia da nosa música tradicional está a gañar cada vez máis
espazos dun tempo a esta parte: ás experiencias de Lalín, agora en
Compostela, e Vigo, súmase un novo centro en Lugo.



Contabamos xa cun centro en Compostela, aCentral Folque, o que
antes era o Conservatorio Tradicional e Folque de Lalim, e coa E-Trad
de Vigo. Dende hoxe, a Tradescola imparte, dende Lugo, clases de
gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto, pandeireta,
percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación.
Había xa varias asociacións de música tradicional traballando no
ensino de diversas disciplinas en Lugo. Agora, a Asociación de
Gaiteiros Galegos, con 120.000 euros anuais que achegarán
Xuventude e a Deputación, crea este centro de ensino.

Inaugurouse esta mañá ás 12.00 horas, no Complexo Residencial
Xuvenil Lugh II (Rúa Pintor Corredoira Nº 2), coa presenza do director
xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela, o vicepresidente da
Deputación de Lugo, Antón Bao, a delegada da Consellaría de
Vicepresidencia en Lugo, Branca Rodríguez Pazos, e o secretario da
Asociación de Gaiteiros Galegos, a entidade que xestiona a iniciativa,
Xoan Manuel Tubío Fernández.

Poderán inscribirse persoas de todas as idades, para clases de
iniciación ou perfeccionamento, e nenos e nenas a partir de sete anos.
As clases serán impartidas por profesorado de recoñecido prestixio,
que chegará dende distintos puntos de Galiza, "dunha grande
experiencia e cun nivel excepcional", grazas a un coidado proceso de
selección, como explicou o secretario de Gaiteiros Galegos. As aulas
serán impartidas por Bruno Villamor, Emilio Mesias, Luís Correa
“Caruncho”, Marisa Da Pereira, Montse Rivera, Pedro David Lamas,
Uxia Cribeiro, Xela Conde, e Xose Lois Romero Cajigal.

Sen límite de prazas

Non hai límite de prazas para inscribirse, aínda que dependerá da
demanda que teñan cada unha das materias: xa nas clases de
zanfona que se impartían en Lugo había 25 persoas matriculadas.
Segundo Tubío, esta escola materializará unha vella aspiración das
persoas amantes da música tradicional, dado que permitirá abordar
"unha parte de todo ese patrimonio inmaterial dende un punto de
vista integral, incidindo en moitas das disciplinas que forman parte
dese legado".

Está previsto que as obras do Centro Lugh finalicen en novembro, polo
que nese mesmo edificio haberá varios locais para ensaiar, unha sala
de exposicións, un salón de actos -con capacidade para 90 persoas- e
unha aula de novas tecnoloxías, amais dun albergue internacional. O
custo da matrícula será de 90 € por materia para persoas socias da
AGG e de 120 € para as non socias. De matricularse unha persoa en
varias materias, terá un desconto nas mesmas de un 50%. Existe a
posibilidade de matricularse en todo cun custo de 200 euros, e as
aulas de linguaxe musical e de etnografía e investigación serán
gratuítas para o alumnado da Tradescola. As clases impartiranse en
horario de tarde e de luns a venres.





Lugo estrea o primeiro centro de ensino de música e danza dos gaiteiros galegos
http://elprogreso.galiciae.com/nova/19997.html




A música e danza tradicional galega chega a Lugo da man da
Tradescola. Será o primeiro centro de ensino neste ámbito creado
institucionalmente e xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos.
O obxectivo final que persegue é formar aos futuros profesores e
conservar, deste xeito, un patrimonio cultural propio.


A presentación do centro celebrouse este xoves nun acto ao que
asistiron o director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela; a
delegada da Consellería de Vicepresidencia en Lugo, Branca Rodríguez
Pazos; o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao; e o
secretario da Asociación de Gaiteiros Galegos, Xoán Manuel Tubío.


Na súa intervención, Rubén Cela afirmou que a escola lucense será
"referente galego" en formación de músicos tradicionais e adiantou
que, no futuro, é posible que se cren máis Tradescolas noutras
provincias baseándose neste primeiro proxecto. Para o director xeral
da Xunta é unha iniciativa que mostra a boa relación existente entre
as distintas administracións á hora de servir á sociedade.

Na mesma liña, Bao sinalou que se trata dun proxecto cultural
esperado e necesario desde hai moito tempo en Lugo que vai estar
ao servizo de moitos galegos. Ademais, destacou a calidade do
equipo de profesionais que impartirán as clases e destacou o feito de
que a xestión a leve unha entidade asociativa sen ánimo de lucro con
máis de vinte anos demostrando o seu compromiso co país.

Branca Rodríguez situou a Tradescola no complexo residencial xuvenil
Lug II, onde contará con catro aulas para as sesións formativas, unha
sala de reunións e un despacho de administración. Sobre a xestión
falou Xosé Manuel Tubío quen advertiu que o prazo de matrícula xa
está aberto e que as clases comezarán o luns 17 de novembro.


O prezo por curso lectivo será de noventa euros por materia para os
socios e de 120 para o resto. Haberá unha "tarifa plana" de 200 euros
para aquelas persoas que decidan anotarse para a aprendizaxe de
varios instrumentos. Poderán inscribirse persoas de todas as idades,
sempre que superen os sete anos, en niveis de iniciación e
perfeccionamento.

Un total de nove profesores de recoñecido prestixio impartirán en
horario de tarde clases de zanfona, acordeón, baile tradicional, canto
e pandereita, percusión, requinta, linguaxe musical e de etnografía e
investigación.

Tubío indica que o centro especializado ofrecerá unha formación
integral cunha proposta educativa estruturada tanto en música como
en baile tradicional. Hai tempo que era necesaria unha Tradescola,
comentou, pois en Galicia existen 24.000 alumnos, 800 profesores e
700 centros de ensino diversos pero non unha formación integral e
completa en música tradicional galega.





Entrevista cos profesores
http://elprogreso.galiciae.com/nova/20002.html








A Tradescola abre as súas portas en Lugo | O Naranxo.org
http://onaranxo.org/?p=1119








Tradescola: botamos un rouso?
http://www.vieiros.com/opinions/opinion/574/tradescola-botamos-un-rouso


Na fraga amurallada afíncase un proxecto cultural de recuperación,
difusión e aprendizaxe da música e baile tradicional. Tradicional de
noso, o herdado no pouso dos devanceiros nas xeracións mozas que
innovan e revoltean cos sons e puntos sen se afastar do celme, a
verdadeira herdanza indelébel en nós.



Mais volvamos á foliada que se armou aló pola rúa Pintor Corredoira
número 4 de Lugo, no complexo residencial Lug II. Fóichevos cousa
da Asociación de Gaiteiros Galegos que teimaron no seu e agora
inauguran un novo chanzo musical. Entre as actividades: formación,
aulas, cursos monográficos, audicións, recollida do folclore,
mediateca… Unha boa iniciativa que cómpre recoñecer.


Galiza posúe un acervo cultural de indubidábel prestixio. Bon,
dubidábel para os catro papaxoubas paranoicos de continuas aldraxes
ao raciocinio humano que denuncian ser perseguidos polo idioma e
por iso mandan aos fillos a Sevilla a aprender castelán. Eu tamén
dubido da súa conexión neuronal. Dicía que posúe ese acervo que ten
unha mostra na riqueza musical. Cumpría recuperar e manter o
legado das cantigas, dos instrumentos co cadanseu xeito ou os
puntos dunha danza; cumpría tamén difundir a aprendizaxe dese
instrumento de voz luída como é a zanfona que noutrora acompañaba
aos parrafeos do cego. Velaí dúas das tarefas máis ambiciosas da
Tradescola, entre outras tantas.

Mais este traballo debe ser posto en valor, en colectividade pois só
dese xeito poderemos coñecer e comprender este acervo. En
colectividade como é o ensino, nos cativos e na mocidade. Se cadra é
hora de darlle a importancia que merece á música á vez de que un
mestre de música non sexa un desleigado da mesma. Tanto me ten
saber quen era Chopin ou Gustavo Freire se logo non sei apreciar o
son da súa música. Digo eu, ou? Do contido pedagóxico que enraíza
na música non falo ren.

Ao inicio faleivos do celme no herdo dos devanceiros como formante
da nosa identidade. Abofé porque nel vén a memoria, a historia, a
fala, o traballo e o noso aquel tan noso que até os castelánfalantes
fachendean fóra de Galiza. Nós ampliamos esa herdanza coa nosa
propia experiencia e deixarémoslla aos vindeiros. Nesa herdanza
tócanos hoxe tomar posición, posición ante o desafino financeiro,
entoar verbas que nunca foron falsas para xebrar a falacia do
humanismo capitalista. Ser bailador pola romaría de Monterroso non
quita de nos manifestar contra o sistema o 13 de novembro nas rúas
das principais cidades da nosa nación.

Algún día poderemos aturuxar a peito descuberto, cunha perniña para
arriba e outra para abaixo, marcando os puntos como quen sabe e
botándolle un rouso como buxainas, cando no mundo vallan máis as
persoas cós bancos.
Déixoume de lerias. Benzón aos músicos da Asociación de Gaiteiros
Galegos.





A Tradescola abre as súas portas
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=365981


O centro de ensino de música e baile tradicional galego promovido
pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, a Tradescola, comezou
onte as clases con máis de 70 alumnos matriculados.

O equipo docente está composto por nomes destacados no eido da
música tradicional tales como Bruno Villamor, Emilio Mesías, Luis
Correa "O Caruncho", Montse Rivera ou Pedro Lamas, que impartirán
clases de zanfoña, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta,
percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación. O
obxectivo da Tradescola é acadar os cen alumnos, para o cal a
matrícula permanecerá aberta ata finais de novembro. O custo da
matrícula é de 90 euros por materia para os socios da AGG e de 120
para os non socios, aínda que tamén hai ofertas dispoñibles. Na
escola poden inscribirse persoas de todas as idades, e nenos a partir
de 7 anos, tanto para niveis de iniciación como de perfeccionamento.
As clases impártense en horario de tarde e de luns a venres.















COMENTARIOS:



hai hoxe un concerto cos rapaces de tarrañolas, pandereta e demais instrumentos¡¡¡!!!

Enviado por lua o 23/3/10 ás 16:06h





 

Opina sobre esta nova









Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal