>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Concerto de Xardí­n Desordenado (Banda completa) / Fundación Sales/ Brunch (Vigo)

(ultima actualizaci�n: 25 / 10 / 13 )





Domingo 27 de Outubro
Na Avenida de Europa 52. Vigo

Habí­a tempo que os músicos de Xardí­n Desordenado non conseguiamos reunirnos ao completo, para interpretar o noso Swing, o noso Blues, a nosa Bossa, sobre textos dos poetas galegos. Estaremos de novo os cinco, neste concerto que Sarah Jane arministradores organiza nas instalacións da Fundación Sales.

Será as 12 da mañá do domingo nun brunch (Hai que levar comida doce ou salgada para compartir. Alí­ poñen as bebidas: zume, cava, infusións, cafés ...)

O prezo: 6 euros.e 5 para Amigos/as da Fundación Sales Xardin Arboretum. Nenos gratis.

O xardí­n da Fundación Sales Xardin Arboretum e un lugar, deseñado por Francisco de Sales Covelo, alá polos sesenta; unha romántica e exótica localización que conforma un peculiar xardí­n, cheo de cantos e refuxios para o corpo e o espí­rito.

Nós actuaremos nun acolledor e máxico invernadoiro. Non nos cabe dúbida: soarán alí­ máis emocionantes que nunca as nosas cancións con textos de Darí­o Xahán Cabana, Pepe Cáccamo, Olga Novo, Yolanda Castaño, Miguel Anxo Fernán Vello e outros poetas.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal