>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

A AGG organiza as II Xornadas arredor da Música Tradicional no Auditorio CGAC (Compostela)
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 25 / 10 / 13 )





II Xornadas arredor da Música Tradicional

Auditorio do CGAC os vindeiros días 16 e 17 de novembro.


Despois do éxito acadado na I edición das Xornadas arredor da Música Tradicional celebradas en Lugo no 2012, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza unha nova edición que terá lugar en Compostela, no Auditorio do CGAC os vindeiros días 16 e 17 de novembro.

Serán dous días adicados á música e á cultura tradicional, non só de Galicia, senon tamén doutros lugares da península. Unha intensa programación, moi completa e interesante, que vos amosamos a continuación:


SíBADO 16 DE NOVEMBRO


Mañá


10:30 h. Acto de apertura das Xornadas


11:00 h. Ponencia I : A gaita na música barroca de Galicia. Fernando  Reyes


12:10 h. Descanso


12:30 h. Ponencia II: Algunhas aportacións sobre a zanfoña e os músicos cegos ambulantes. Pablo Quintana


Tarde


16:00 h. Ponencia III: Gaitas de Fole em Portugal - Miranda, Minho e Coimbra:  estamos vivos! Jorge Lira e Goní§alo Cruz


17:10 h. Presentación de novas publicacións sobre música tradicional


Acordeón tradicional e folk galego. Alejandro Balbuena


O Cego de Padrenda Manuel Paz


Juan Bello Mallou - O gaiteiro das Casas Novas. Alexandre Cadarso “Cano”


18:00 h. Descanso


18:15 h. Ponencia IV: A Gaita e a Chifla na provincia de León, Luis Mondelo e Rafa Busto


22:00h  Foliada na “Nave de Vidán” (Avenida Mestra Victoria Miguez, 44 ”“ Compostela)


DOMINGO 17 DE NOVEMBRO


Mañá


10:00 h. Ponencia V: “Non se toca cunha man”¦toques de pandeiro. Luís Prego


11:10  h. Presentación de novas publicacións sobre música tradicional.


Xogos Musicais. Luís Prego


Homenaxe Germán V. Soneira. O gaiteiros dos Hnos Lamas. Jose Mª Cebeiro e Xose F. Noia Souto


11:40 h. Descanso


12:00 h. Ponencia VI: “Organoloxía popular catalana. Agrupacións elementais e formacións complexas. Xavier Orriols


 


Tarde


16:00 h. Ponencia VII: Os cegos músicos na comarca da Limia. Cástor Castro


17:10 h. Ponencia VIII : A incorporación da gaita á música de cámara. David Bellas


18:20 h Descanso


18:30 h Concerto: As formacións da gaita en Galicia ao longo da historia. Pablo Carpintero e Luís Mondelo


19:30 h : Remate das Xornadas


 

LUGAR

Auditorio CGAC

Rúa Valle Inclán s/n
15704 Santiago de Compostela

INSCRICIóN

Para participar é preciso inscribirse a través do correo secretaria@gaiteirosgalegos.com ou do teléfono 986 84 70 74

O prazo de inscrición rematará o 14 de novembro ou cando se complete o aforo, en tal caso aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes.

Prégase comprobar dispoñibilidade de prazas e aceptación da solicitude antes de facer o pago da inscrición. 

PREZO DA MATRíCULA

Socios da AGG: 5 €

Outros : 10 €

FORMA DE PAGO

Ingreso ou transferencia bancaria a nome da Asociación de Gaiteiros Galegos indicando no concepto “ II Xornadas de Música Tradicional” e o nome completo da persoa.

 


Non faltedes!!!!!





NOVAS RELACIONADAS:























COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal