A concelleira de Cultura e membros da Central Folque presentaron
a quinta edición do DUF, Encontro Internacional de Pandeiros de Mao,
que se celebra esta fin de semana.O DUF é xa un festival consolidado, que toma como nome unha verba
de orixe árabe, da que deriva o termo ‘adufe’, sinónimo de pandeiro.
Nesta edición o encontro volve a súa ollada sobre a orixe do duf: a
tradición musical árabe, responsable da incorporación deste
instrumento no patrimonio musical galego.
O encontro vive este ano un punto de inflexión e internacionalización,
de apertura. Se en edicións anteriores o encontro contou con figuras
destacadas da música popular da península, como Eliseo Parra
(Castela), Xabier Leturia (Euskadi), ou Soltxu Rodríguez (Cantabria),
este ano se centra no mundo árabe, concretamente en dúas das súas
culturas máis complexas: a iraní e a exipcia.
Arredor desas culturas árabes o amplo e completo programa de DUF
confórmase de concertos, obradoiros, mostras de artesanía musical,
presentación de revistas e discos e, entre outras, a súa actividade
máis carismática, o ‘Serán urbano’, que se celebrará ás 20:00 horas
do sábado na praza da Ferrería. Alí xuntaranse, como todos os anos,
afeccionados e experimentados músicos, pero a organización do DUF
convida tamén a calquera que teña a man un pandeiro.
Un amplo programa dende o venres 14 ata o domingo 16 de
novembroAs actividades do encontro comezarán o venres, na praza da Ferrería,
onde ás 16:00 horas se abrirá a ‘Haima DUF’, unha haima onde terán
lugar encontros con diveros mestres e onde os a nenos e nenas da
Aula Folque Infantil compartirán obradoiros cos membros da
recentemente formada Asociación de Lingua Árabe do Calvario, de
Vigo. A este encontro que busca a comunicación intercultural a través
da música, danza e outras actividades, están convidados todos os
nenos e nenas de Pontevedra, de 17:00 a 19:00 horas.
Na mesma haima haberá unha tetería xestionada por árabes, para
ambientar e poder desfrutar de bebidas e doces propios da súa
cultura. Nese ambiente, o músico exipcio Mohammed el Sayed
compartirá conversación e té con aqueles que asistan ao encontro.
O venres o Centro Social Caixanova acollerá o primeiro dos concertos
do DUF, no que compartirán escenario os cantos tradicionais de Leilía,
xunto coa música iraní de Barbod e os sons exipcios de Mahammed el
Sayed. O sábado, as Tanxedoras presentarán en concerto o seu
primeiro traballo discográfico, mentres que o domingo, na Casa das
Campás, Felisa Segade fará unha exhibición de repertorio e técnica
galega, ademais de impartir un master class de pandeireta galega.
Nese mesmo lugar, e xa para pechar o encontro, presentarase un
número especial da revista galega de etnomusicoloxía, Etnofolk, que
inclúe traballos presentados por profesores de pasadas edicións do
DUF.
Pontevedra, a cidade axeitadaO Museo de Pontevedra posúe nos seus fondos o pandeiro de mao
máis antigo de Galicia. Pertencente a Perfecto Feijóo, foi utilizado para
realizar as primeiras gravacións comerciais de adufe, arredor do ano
1904. Este é un dos motivos polos que Ramón Piñeiro, membro da
Central Folque -organizadores do encontro-, entende que Pontevedra
é a cidade idónea para celebrar o DUF, dado que ten unha especial e
lonxeva relación con este instrumento.
O adufe de Perfecto Feijóo estará exposto de maneira excepcional ao
longo desta fin de semana no Sexto edificio do Museo de Pontevedra.
Alí ademais, Carlos do Viso impartirá un obradoiro no que se
reproducirán copias do orixinal pandeiro de Feijoo, que os
participantes utilizarán logo no ‘Serán urbano’. Este obradoiro e o de
pandeireta de Felisa Segade son as únicas actividades cun custe de
matrícula, que pode facerse efectiva a través do teléfono 881 03 18
29, ou ben no enderezo electrónico matriculaolque.com.
A concelleira de Cultura, Lola Dopico, sinalou na presentación que a
completa proposta do DUF, xunto coa Feira de Outono –que ten lugar
nos mesmos días- van a facer desta “unha fin de semana moi
intensa, de dinamización cultural e económica, vencellada á cultura
tradicional e á posta en valor da música e da artesanía aplicada a este
ámbito”. Agradeceu tamén ao grande esforzo da Central Folque, así
como a colaboración de todas as entidades públicas e privadas que
colaboran e patrocinan este encontro.

Este martes día 11 de novembro presentouse en rolda de prensa o V
Encontro de Pandeiros de Mao, DUF, no concello de Pontevedra. No
acto presentaron a unha morea de medios de comunicación a
concelleira de cultura Lola Dopico, o director artístico d e aCentral e
coordinador do festival Ramón Pinheiro e Marcelo González
coordinador da AFI e do Serán Urbano en DUF.
Salientouse a importancia deste evento e a súa dimensión pública que
ademais coincidirá na mesma fin de semana coa Feira de Outono que
terá na praza da Verdura o seu escenario principal.
Ademais dun repaso do programa incidiron na importancia do concerto
inaugural do venres 14 ás 20 h no centro cultural de Caixanova con
dous representantes das culturas musicais máis importantes no
mundo árabe coma son Exipto e Irán de onde veñen respectivamente
Mohammed el Sayed e Massud Naderi (Barbod) que compartirán
escenario con Leilía.
Así como detalles que non aparecen no programa pero que terán lugar
no festival coma unha actividade de dinamización infantil desde as 17
h na praza de Ferrería este venres 14. Xuntaranse nenos da Aula
Folque Infantil con nenos da Escola de cultura e idioma árabe do
centro socio-cultural do Calvario de Vigo nun taller de percusión, baile
e canto e aberta a calquera neno e nena que se achegue á praza da
Ferrería.

Aínda quedan algunhas prazas libres para os cursos prácticos que se
desenvolven dentro do V Encontro Internacional de Pandeiros de Mao,
DUF.
Son dous cursos que se celebrarán esta fin de semana:
Master-class de pandeireta galega de Felisa Segade. Curso
práctico e pequeno concerto de exhibición.
Domingo 16 de 10 a 14 h Casa das Campás. 30 €
Fai o tei pandeiro! obradoiro de artesanía musical con Carlos
do Viso onde se montará un pandeiro, copia do histórico instrumento
co que Perfecto Feijóo fixo as primeiras gravacións comerciais deste
instrumento, exemplar que estará exposto extraordinariamente no
novo edificio do Museo de Pontevedra.
Sábado 15 de 10 a 13 h. 100 € (material incluído)
Esta fin de semana celébrase en Pontevedra a quinta edición do Encontro Internacional de Pandeiras de ManSusana Acosta 12/11/2008A innovación e o mestizaxe achégase a Pontevedra a través do
Encontro Internacional de Pandeiros de Man. O festival tratará, nesta
edición, de achegarse á tradición musical árabe, pobo que introduciu
na Península este instrumento de percusión e que se converteu no
son máis popular en Galicia dos últimos mil anos.
Con este espírito a quinta edición do DUF pretende ser un encontro de
culturas, de música e de tradición. O festival comezará este venres ás
catro da tarde coa instalación da Haima DUF na praza da Ferrería, que
recibirá a feira de artesanía musical na que participarán mestres de
Galicia, como Carlos Collazo, de Portugal, como Paulo Meirinhos e de
Castela, como Víctor Barral.
Actuación estelarAs oito da noite o centro social de Caixanova acollerá o concerto
estelar do encontro porque xuntaranse o grupo galego Leilía, xunto co
iraní Massud Naderi e Barbod e o exipcio Mahamed el Sayed, dous
grandes mestres percusionistas da música oriental. O Centro Galego
de Música Popular, entidade organizadora do evento, elixiron estes
dous países porque neles é onde se atopan «as tradicións máis ricas e
tecnicamente máis complexas» do mundo do pandeiro.
O sábado, as dez da mañá no museo da Pontevedra, haberá o
obradoiro «fai o teu pandeiro». O mestre artesán Carlos Collazo dirixe
a construción dun pandeiro cadrado, reprodución orixinal de Perfecto
Feijoo, co que se realizaron as primeiras gravacións fonográficas deste
instrumento en 1904, e que permanece conservado no museo.
Ás once da mañá, na praza da Ferrería, o mestre exipcio Mohammed
el Sayed estará na Haima Duf onde compartirá conversación e té cos
interesados na súa realidade.
As TanxedorasEste festival cultural tamén servirá para que un novo grupo de folk
galego presente en exclusiva o seu primeiro lanzamento discográfico.
O evento será á unha do mediodía.
O sábado rematará co evento Serán Urbano, todos os que dispoñan
dunha pandeireta poderán achegarse á Ferrería a panderetar nun
concerto aberto, no que participarán futuras promesas da Aula de
Folque Infantil de Pontevedra e tocadores afeccionados e
experimentados da comarca pontevedresa.
Este encontro rematará o domingo cunha master class dirixida por
Felisa Segade na Casa das Campás. A continuación, Segade ofrecerá
un concerto que poñerá o broche final a este encontro cheo de
tradición e raíces culturais.
Este venres 14 comeza por fin o festival DUF que abrirá as súas
actividades na praza da Ferrería de Pontevedra ao redor das 17 h coa
inauguración da carpa/haima DUF coa mostra de artesanía musical,
posto de venda de libros e discos, tetería e punto de información.
Tamén a esa hora se fará un obradoiro musical para nenos e nenas
aberto a todos os que por alí pasen. Confirmados xa está a rapazada
da Aula Folque Infantil e a do recén aberto Centro de cultura e idioma
árabe do centro socio-cultural do Calvario de Vigo que xuntará a
pícaros de orixe galega e de orixe árabe en actividades ao redor da
percusión, o baile e o canto.
E un dos actos máis importantes do festival terá lugar no centro
cultural Caixanova ás 20 h co concerto gratuíto que xuntará no mesmo
palco a tres bandas de proxección internacional:
Barbod e Massud Naderi (Irán)
Leilía
Mohammed el Sayed (Exipto)
Será unha oportunidade única de ver en directo a representantes das
culturas musicais máis importantes do mundo árabe (Persia e Exipto)
coas máis representativas do folque galego.
Leilía, Barbod (Irán) e Mohamed El Sayed (Exípto) compoñen o
cartel do V Encontro Internacional de Pandeiros de Mao que se celebra
esta fin de semana en Pontevedra. Ademais dos concertos, que terán
lugar no Centro Social Caixanova, o programa inclúe actividades para
investigadores e músicos, master class, exposicións e a presentación
da revista 'Etnofolk'.Profesionais e afeccionados á percusión tradicional reuniranse esta fin
de semana en Pontevedra no marco do V Encontro de Pandeiros de
Mao para achegarse dun xeito multidisciplinar a realidade deste
instrumento. Así, a cidade acollerá diversas feiras de artesanía e
obradoiros de elaboración de instrumentos, exhibición de técnicas e
pandeiros e toda unha serie de actuacións a cargo de formacións que
lle prestan especial atención á percusión.
O encontro está enfocado cara a tradición árabe, pobo que introduciu
na Península os pandeiros de man, os instrumentos máis populares
en Galiza nos últimos mil anos. A presenza da cultura árabe reflíctese
así non só nos artistas convidados, que proceden de Irán e Exipto,
senón tamén nos colectivos de inmigrantes asentados no país que
mostrarán a súa cultura.
Entre as actuación en directo destaca o concerto que esta noite se
celebrará no Centro Social Caixanova. Subirán ao escenario Leilía, os
iranianos Barbod e o exipcio Mohammed el Sayed. Será a partir das
20 horas. Ademais, o sábado terá lugar un serán urbano, con
actuacións de tocadores de pandeiros afeccionados e experimentados
e o domingo a presentación do número especial da revista galega de
etnomusicoloxía Etnofolk.
Carlos do Viso na demostración do adufe neumáticoLogo dunha intensa fin de semana en Pontevedra, o equipo de
produción de aCentral Folque cumplíu coa súa intención de ofrecer na
cidade do Lerez un programa variado e para diferentes públicos sobre
un instrumento tan galego e universal á vez coma é o pandeiro de
mao.
DUF, o V Encontro Internacional de Pandeiros de Mao rematou este
domingo coa clausura da feira de artesanía musical e un concerto de
Felisa Segade. Concertos, obradoiros, charlas, un serán, presentación
editorial en diferentes espazos do casco vello dos que moita xente
puido desfrutar de balde.
Elevada asistencia de público que non deixou baleira en ningún
momento a carpa situada na praza da Ferrería onde estiveron
expostos instrumentos de Xaneco, Carlos do Viso, Paulo Meirinhos
(Miranda do Douro) e Victor Barral (Madrid) e onde tivo lugar o
concerto de presentación do primeiro CD de Tanxedoras. Un concerto
de grande nivel, aínda sen estar o quinteto completo destas cinco
novas raparigas de Vigo.
O Serán Urbano ateigou o espazo nunha fría noite de outono con
Marcelo Dobode de mestre de cerimonias que conseguiu achegar a
coletivos de cantoras e cantores dos lugares de Toutón, Laxoso,
Regodobargo nunha demostración de que a tradición oral destas
zonas é riquísima e non corre perigo de esquecemento coma
amosaron novos valores coma Malmequer ou a rapazada de Marín.
Tres días de intensa actividade musical ao redor deste instrumento
con artistas de fóra do noso país e unha relación co mundo árabe a
través da orixe compartida do adufe.