>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Marful + Convidados no Gaiás (Compostela)

(ultima actualización: 25 / 10 / 13 )





Venres 25 de Outubro

Magosto no Gaiás. Concerto de Marful, banda completa, + convidados: Ugia Pedreira, Pedro Pascual, Marcos Teira, Pablo Pascual, José Manuel Dí­az (contrabaixo), Leandro Deltell (baterí­a) + NARF (voz) e David Herrington (trompeta).




NOVAS RELACIONADAS:



Marful. Un concerto fóra do común
http://www.cidadedacultura.org/gl/evento/marful-un-concerto-fora-do-comun


Iso será o que ofrezan no Museo Centro Gaiás Ugia Pedreira (voz), Marcos Teira (guitarra), Pedro Pascual (acordeón diatónico) e Pablo Pascual (clarinete baixo), que nesta ocasión estarán acompañados de amigos.
O trompetista inglés David Herrignton, que achegará a fineza dos seus solos e a calidade da súa sonoridade; e o cantante galego Fran Perez, “Narf”, unha das grandes voces da música galega contemporánea, serán os encargados de arroupar a Marful nesta data. Xunto a eles, tamén o maestro Leandro Deltell á batería e o cubano José Manuel Díaz ao contrabaixo.
A súa combinación de ritmos bailables procedentes de América e Europa (tangos, habaneras, fox, twits, jotas, pasodobres…) e as súas letras rompedoras, libres e intelixentes fixeron de Marful un grupo que abriu una brecha estética en Galicia, que outros moitos seguirían.
Do seu primeiro disco vendéronse máis de cinco mil copias e representou a Galicia en festivais internacionais como o WOMEX, a feira máis importe de world music do mundo. O seu segundo disco, Manual de Seducción, esgotou a súa primeira edición antes de saír. Nesta cita co Gaiás avanzarán temas do que será o seu terceiro disco, que verá a luz no 2014.





aCentral Folque



Senhoras e senhores, con todos vostedes, David John Herrington. O sutil trompeta do último disco de Marful, co que nunca tocaron en directo. E por fin manhá, no concerto do Gaiás (21h), poderemos disfrutar del ao vivo. Aquí vai en diferido:








https://www.facebook.com/cidadedaculturadegalicia/posts/603767809683645


Marful e castañas para unha noitiña de venres. Tes un plan mellor? A partir das 20 horas, degustación gratuíta de castañas e tapas creativas da Cantina do Gaiás. E ás 21 horas, Marful e amigos en concerto. Entradas á venda na billeteira a partir de 8 euros.


















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal