>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Novembro 2013 nas Crechas: Balakandra, Noite do Trópico, Javier Bergia, Spain, Wes Swing, Kin Garcí­a Trí­o, Najla Shami...

(ultima actualización: 25 / 10 / 13 )








Martes 5 ás 21h30 (5€)
BALAKANDRA
O mí­tico grupo “Saraibas” de San Sadurniño foi o berce de Balakandra, xa que foron os seus integrantes os que comezaron esta nova andaina no 2004. O seu último traballo discográfico é unha viaxe sonora polo mundo a ritmo de blues, rock, folk e sons latinos. Seis músicos de idades e procedencias ben dispares ofrecéndonos un repertorio divertido, comprometido e difí­cil de etiquetar.




Xoves 7 ás 21h30 (1€)
1ª NOITE DO TRóPICO
Ao longo do ano, Trópico de Grelos irá presentándonos os proxectos en activo que ten a asociación: A Banda do Trópico, coas guitarras e as voces de Joao Fernandes e Lucia Dafonte, o Bloco Afro, có seu batuke galego, e o bloco Prucupá, no que o alunado da escola demostrará as ganas que ten de batuquear e facer vibrar ao público. Noites de percusión e ritmo afro-brasileiro na Casa das Crechas. www.tropicodegrelos.com

Martes 12 ás 21h30 (6€)
JAVIER BERGIA
“Punto y Aparte” é a última entrega deste prolí­fico autor madrileño. Neste traballo, no que colaboraron entre outros Pedro Pascual e Germán Dí­az, móstranos un retrato poético do mundo fermoso e atroz no que vivimos, có selo inconfundible que acompaña os xa trece discos da súa carreira.





Ciclo PLACERES OCULTOS [organiza: Desconcierto Cultural] Sábado 16 e Domingo 17 ás 20h
SPAIN + WES SWING
A banda SPAIN (sábado), coa súa resplandecente quietude, sempre rebosante de emocións e espiritualidade, deixaranos disfrutar do seu último e mellor traballo, máis tamén do aclamado The Blue Moods of Spain, referencia permanente entre os mellores discos dos 90.





Pola súa parte, WES SWING (domingo), tráennos unha mistura de moderno clasicismo europeo e a tradición sureña americana. Expresividade e melancolí­a para esta tarde de domingo.





Spain 10€/13€ - Wes Swing 7€/9€ - abono 15€/18€

Martes 19 ás 21h30 (5€)
KIN GARCíA TRíO
Kin Garcí­a ven de editar o seu novo disco, bautizado co nome cientí­fico do Azor Común: “Accipiter Gentilis”. Para presentarnos este traballo adicado ao mundo das aves rapaces, o contrabaixista noiés acompáñase de Jacobo de Miguel ao piano e Noly Torres á baterí­a.






Martes 26 ás 21h30 (5€)
NAJLA SHAMI
Cunha sonoridade influenciada por estilos coma o jazz, funk, world music e a música galega, Najla Shami tráenos a súa proposta que percorre latitudes que van desde a Galiza até o Brasil ou ífrica. Preséntanos tamén algún tema da súa recente publicación “Na lí­ngua que eu falo” (Galaxia, 2013), un traballo no que a compositora galegopalestina afonda na obra da escritora Rosalí­a de Castro.






FOLIADAS coa BANDA DAS CRECHAS
Mércores 13 e 20 ás 22h30 (1€)














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- Crechas -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal