
"A Asociación Veciñal de Sárdoma, en Vigo, no seu afán por reimpulsar as súas actividades educativo-musicais neste curso 2013/2014, amplía o abano de materias a ofertar (ao lado dos tres grupos tradicionais xa existentes: Gaita, Canto e Pandeireta, Baile Galego), as cales poden ser consultadas no cartel que xuntamos. Non deixemos pasar esta ocasión para aprender, reforzar ou ampliar en aulas individuais ou colectivas, como se prefira, aquel instrumento que sempre soñamos tocar ou na súa técnica afondar, ou dar renda solta ás arelas por aprender diferentes estilos de baile, desde o Ballet ao Hip-Hop! Ponte en contacto con nós e infórmate sen compromiso! Un saúdo.
O Equipo de Organización: Javier Santalices, Rosana Francisco e Xosé Oliveira."
|