>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

I FESTIVAL POLA RESISTENCIA - 12 de Outubro no Torreiro da Festa (Vigo)

(ultima actualización: 12 / 10 / 13 )





Son tempos duros, tempos de loita para a clase traballadora. O Estado Espanhol tenta anularnos como pobo, a través do silenzo, da represión, da dispersión, a través da anulación da nosa lingua, da nosa cultura, ... O patriarcado tenta anularnos como mulleres, quere facernos prisioneiras, mandar no noso corpo, e no noso corpo mandamos nos ... O capitalismo arrasa os nosos dereitos como Clase Traballadora, salarios ínfimos,traballos sen contrato ... e é por iso que nestes tempos temos e debemos que resistir ate vencer. Resistir defendendo os nosos dereitos como mulleres, como clase e como pobo. Levamos anos saíndo a rúa a defender os nosos dereitos e este 12 de Outubro poderemos facelo tamén a través da música, a través do I Festival pola Resistencia, porque niso consiste a nosa supervivencia como pobo, como mulleres e como traballadoras, en pelexar e defender o que é noso.

Para este I Festival pola Resistencia contaremos coas seguintes bandas

Rebeliom do Inframundo ( Hip Hop dende Ponteareas) POR MOTIVOS DE SAÚDE NON ESTARÀN CONNOSCO

Kedro (Hip Hop dende O Porrinho)

Ovos Podres ( Punk Rock dende Vigo)

Liska! ( Ska Punk Reggae dende Vigo)

Ademais colaboraran no evento, ate o momento, os seguintes locais ( Iremos informando de próximas colaboracións)

O Torreiro da Festa

O ´ Pikotazo

Bar Princesa

Bar 13 Irmandinhos

Centro Social Revolta

Plataforma Que Voltem Para Casa ( Teremos a sorte de contar cun posto informativo e de venda de material para que quen queira, poida facer a súa achega á Plataforma, así como informarse do gran trabalho que están a desenrolar as companheiras e companheiros polas presas e presos políticos galegos.

E sobre todo ás bandas por participar do evento, e por darnos .... o jhustaso!!! De disfrutar, unha vez máis, da música combativa do país

E todo isto por tan só 6€. Agardámosvos o sábado 12 de Outubro ás 21H No Torreiro da Festa!!!














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal