>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Musicos Ao Vivo organizan os I Premios Galegos da Música - Aínda estades a tempo de inscrivirvos!
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 9 / 10 / 13 )





Consulta as candidaturas presentadas



Os Premios Galegos da Música Martín Códax están promovidos pola Asociación de Músicos ao Vivo, e nacen nun contexto que reborda creatividade musical pero adoece de apoios, de recoñecemento, de visibilidade e dunha industria capaz de facer rendible o inmenso potencial deste sector estratéxico, un sector que, no caso de ser dimensionado –asunto nada sinxelo-, moi probablemente se rebelaría como o máis produtivo e con máis potencial para a cultura galega.

Os galardóns que propoñemos teñen, xa que logo, uns obxectivos que van moito máis aló da autocomplacencia e o autobombo dos músicos, para sumarse a esa idea de ‘facer país’ na que tantos axentes traballamos a diario. Estas son as principais metas dos premios:

RECOÑECER a creación, a diversidade e a calidade artística das producións musicais galegas. Revelar novos talentos da escena musical galega e achegar a música e o seu proceso de produción ao público.

FACER RENDIBLE O POTENCIAL DA NOSA MÚSICA. Músicos ao Vivo é consciente do tremendo potencial que a Música Galega ten. E temos presente que a enorme produción e creación musical da que gozamos en Galicia non chega a tódolos sectores da poboación tal e como debería. Músicos ao Vivo entende a música galega dun xeito aberto, universal e inclusivo, sen poñer cotas estilísticas ou doutra índole. Aí reside a nosa riqueza. Cremos que é momento de facer sentir a presenza do sector produtivo con máis potencial dentro da cultura galega, e de tirar del toda a rendibilidade que é quen de producir. Os premios axudarán a promover a música creada en Galicia non so dentro do país, senón tamén a nivel estatal e internacional, ampliando deste xeito a actividade económica deste sector no exterior.

FACER VISIBLE TODO UN SECTOR. Os Premios Galegos da Música Martín Códax darán visibilidade á Música Galega. Con carácter xeral, poñendo nos medios a todo un colectivo de creadores, a toda unha industria, e a toda unha comunidade comprometida coa cultura musical galega; e de xeito particular, resaltando 3 proxectos concretos por cada unha das 13 categorías premiadas, ademais da mención honorífica a toda a carreira artística de un/unha músic@ galeg@. Os Premios Galegos da Música botarán luz sobre 39 proxectos musicais galegos actuais e en activo, garantindo así a transcendencia mediática e o potencial tan diverso da música galega, así como a súa tradución ao mercado musical do momento, tanto o discográfico como o da música ao vivo.





NOVAS RELACIONADAS:



Os Premios Galegos da Música superan xa os 170 candidatos - Praza Pública
http://praza.com/cultura/5569/os-premios-galegos-da-musica-superan-xa-os-170-candidatos/


















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal