>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Festival de Noso no San Froilán (Lugo)

(ultima actualizaci�n: 4 / 10 / 13 )





4 de Outubro no Museo de Lugo


Charlas, presentacións, cinema, música ...

18:00 horas: Xardíns. Obradoiro das aulas de pandeireta de Cultura do País.

19:30 h: Apresentación do libro "Todos os días" de Alberte Ramos. Gañador do premio Vicente Risco. Refectorio do museo.

21:00: Apresentación do dvd "Vilamor" con actores e actrices da película.Refectorio do museo.

22:30: Concerto nos xardíns do museo (entrada por rúa nova).
CÉ ORQUESTRA PANTASMA
EUDEMÓNICAS (LUGO)
OS TRES TREBÓNS (Con Xurxo Souto)





NOVAS RELACIONADAS:



Festival “De noso”, a proposta galega para o San Froilán
http://www.sermosgaliza.com/articulo/cultura/festival-noso-proposta-galega-san-froilan/20131002154141019628.html


A sexta feira, día 4 de outubro, no mesmo inicio do San Froilán, e en Lugo desenvólvese o Festival “De Noso” que ofrecerá, segundo os seus promotores, a maior presenza de cultura galega nas máis populares festas. Cés Orquestra Pantasmas, Eudemónicas ou Os Tres Trebóns porán música á xornada.


“Este ano a presenza de músicos locais e música galega no San Froilán vén grazas ao Festival “De Noso” sinalou Mario Outeiro, o delegado de Cultura e Turismo da Deputación no acto de presentación do programa do Festival “De noso”, organizado pola Asociación Cultura do País.

Cé Orquestra Pantasma, Eudemónicas e Os Tres Trebóns protagonizarán un concerto nos xardíns do Museo de Lugo a partir das 22.30 horas, para pechar unha xornada na que, na tarde, desenvolveranse a presentación de aulas de pandeireta, do libro “Todos os días” de Alberte Ramos con Berta Dávila e o DVD do filme “Villamor” de Ignacio Villar. O presidente da asociación cultural Cultura do País, Serxio Aller, e o secretario da mesma, Antón Somoza estiveron presente na presentación do congreso que se desenvolverá no Museo de Lugo.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal