>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas - Lugo
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 3 / 10 / 13 )





O vindeiro 6 de outubro - Domingo das Mozas, dentro da programación do San Froilán, Lugo volverá a acoller a que será a XV edición da Mostra de Música Tradicional, organizada pola  Asociación de Gaiteiros Galegos grazas ao interese e colaboración da Concellerí­a de Cultura do Concello de Lugo.

Lugo será de novo referencia en toda Galicia demostrando que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

A mostra contará cos seguintes grupos:


Arume - (Boiro) A Coruña


Briteiros - (Vigo) Pontevedra


Cantareiras de Alende - (As Pontes) A Coruña


Carapaus - (Santiago de Compostela) A Coruña


De Pé Feito -  Ourense


Faiscas de Solobeira - (Cambados) Pontevedra


Millo Verde - (Cambre ) A Coruña


Os Naviza - ( Galiza ”“ Navarra )


Os Terribles de Donas - (Gondomar ) Pontevedra


Picuiña - ( Marí­n ) Pontevedra


Souto Xí­maro - ( Lourenzá)  Lugo


Tornaxeira - ( Comarca de Valdeorras) Ourense


Xarí­n - ( O Incio) Lugo 

Estos grupos actuarán pola mañá e pola tarde nas Portas da Muralla, rúas e prazas máis significativas de Lugo estando en contacto directo cos espectadores e recollendo as máximas representacións do que é a música tradicional (grupos de gaiteiros, cantareiras, charangas...).















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal