A Concelleria de Festas organiza, en colaboración coa Asociación Cultural Interfolc, as IX Xornadas de Danza e Música Tradicional de Galicia que terá lugar no Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova, os días 8 e 9 de novembro (sábado e domingo) as 20 horas.
Sábdo 9 de novembro
Presentación das Xornadas coa actuación de:
- Escola Municipal de Danza
- Lembranzas Galegas
- Grupo Tradicional Corisco
- Xistra de Coruxo
Domingo 10 de novembro
Final do Concurso de baile tradicional
- Agrupación Folclórica "Colexiata do Sar" de Santiago de Compostela;
- Asociación Cultural "Xirandola" de Bandeira
- Asociación Folcórica "Tangaraño".
Durante a deliberación do xurado actuará o Cuarteto Caramuxo.
O xurado valorará de 0 a 10 puntos a cada agrupación, e terá como base fundamental os seguintes criterios:calidade artística dos bailarins/as, o grao de dificultade e autenticidade das danzas interpretadas e vestiario utilizado, valor interpretativo do grupo de acompañamento.
O xurado estará formado por Xesus López, conselleiro de Festas; Luís Prego Fernandez, director do grupo "Bricadeira" de Santiago e bailarin; José Manuel Gil Rodriguez, profesor de música; Isabel García Quintela, profesora de baile; Enrique Dominguez Lino,directo do grupo "Celme" de Pontevedra. Actuará como secretaria do xurado: Carmen Chapela Meneo, funcionaria do Concello de Vigo.
PREMIOS:
1º premio: 1.500.- € medalla e diploma
2º premio: 900.- € " "
3º premio: 600.- € " "
4º, 5º, 6º clasificados: Diploma e accésit de 100 €
Premio especial o mellor grupo de acompañamento: 200 €.
O comenzo dos actos será as 20,00 horas. As persoas interesadas en asistir ás xornadas debereán recoller as invitacións o sábado e domingo a partir das 18.30 horas no teatro.

A novena edición das Xornadas de Danza e Música Tradicionais
Galegas celebrarase esta fin de semana, 8 e 9 de novembro a partir
das 20:00 horas no Centro Cultural Caixanova coa actuación de seis
agrupacións galegas, según indicou este venres o concelleiro de
Cultura e Animación Sociocultural do Concello de Vigo, Xesus López. O
edil do BNG salienta que se trata dunhas xornadas gratuítas para as
que se poden recoller as invitacións nas propias instalacións do Centro
Cultural a partir das 18:30 horas.
"Dende a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural quero
animar á toda a cidadanía a gozar cun espectáculo que reflicte o
mellor da nosa cultura nos eidos da música e da danza tradicionais",
salientou Xesus López. Neste sentido, o edil do BNG explicou que
mañá sábado a Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo, a
Agrupación Folclórica Lembranzas Galegas e a Banda de Gaitas
Barbude da Estrada pasarán polo escenario da sala de concertos de
Centro Cultural Caixanova.
Xa o domingo, 9 de novembro, na fase final do concurso, participarán
a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar de Santiago de Compostela;
a Asociación Cultural Xirandola de Bandeira e a Asociación Folcórica
"Tangaraño". O xurado valorará de 0 a 10 puntos a cada agrupación,
e terá conta os criterios da calidade artística dos bailaríns e bailarinas,
o grao de dificultade e autenticidade das danzas interpretadas e o
vestiario utilizado, así como o valor interpretativo do grupo de
acompañamento.
Segundo indica o concelleiro de Cultura, o primeiro premio estará
dotado con 1.500 euros e medalla e diploma acreditativos; o segundo
con 900 euros e medalla e diploma; o terceiro premio será de 600
euros e tamén terá medalla e diploma; os cuarto, quinto e sexto
clasificados concederáselle un diploma e un accésit de 100 euros.
Ademais, o xurado poderá conceder un premio especial ao mellor
grupo de acompañamento, dotado con 200 euros. O edil do BNG
felicita á Asociación Cultural Interfolc pola organización destas
xornadas, posot que considera que iniciativas como esta "resultan
fundamentais no coñecemento e a difusión do noso patrimonio
cultural".