
Arrancamos a 6ª tempada das NOITES DE TASCA. Celébranse os primeiros venres de cada mes, de outubro a xuño, en distintos lugares da comarca de Ordes, organizadas pola Asociación OS VIQUEIRAS DE ORDES.
Agardámosvos no BAR LEO en Castenda da Torre (Tordoia) o día 4 a partir das 21:30 h., o protagonista desta NOITE será o grupo OS CAMPANTES DA BAÑA e despois, coma sempre, remataremos cunha gran FOLIADA á que estades todos convidados.
VIDE TOCAR CON NÓS!
|