
O CURSO 2013/2014 INICIARASE O VINDEIRO 14 DE OUTUBRO
Máis de 250 alumnos realizaron xa a preinscripción para o curso 2013/2014, e as matrículas iniciaranse nos vindeiros días.
A TRADESCOLA, o centro de ensino da música e do baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, ten aberto o prazo de preinscripción nas aulas de música e baile tradicional. Actualmente conta con máis de 250 preinscripcións feitas, e iniciará as matriculas nos vindeiros días. Posteriormente, o día 14 de outubro iniciarase o curso neste centro.
A TRADESCOLA, é un centro de formación cunha proposta educativa destinada a que o alumnado adquira unha formación integral na música e no baile tradicional. A TRADESCOLA conta no seu equipo docente con 9 dos mellores mestres no eido da música tradicional para impartir as aulas de: gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, linguaxe musical e técnica vocal ademais de aulas específicas para os máis pequenos
Na escola poden inscribirse persoas de tódalas idades (nenos a partir de 4 anos), para niveles de iniciación ou perfeccionamento.
As clases impártense en horario de tarde e de luns a venres.
Máis información nos locais da Tradescola en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, chamando ó teléfono 982229966 ou a través do correo electrónico tradescola@gaiteirosgalegos.com
|