
O Ateneo Ferrolán dentro das súas actividades de promoción da música galega ven propiciando e celebrando, case continuo, tódolos anos (dende hai 20 anos) unhas Xornadas de Gaita, como un lugar de encontro para grupos ou xentes que utilizan a gaita como un dos instrumentos básicos nas súas actuacións e composicións.
Unha das súas características específicas é a participación de grupos de música folk galega, xunto con algún autor ou grupo invitado de fora de Galicia pero, que teñan tamén na súa estrutura de acompañamento a gaita como un elemento indispensable, servindo así de contraste e comparación da nosa música coa doutras culturas e músicas afíns.
As XXI Xornadas da Gaita serán os días 19 e 20 de decembro no Ateneo Ferrolán ás 20,30 h.
|