>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 



V Curso de Formación sobre o patrimonio lúdico (Carballo)
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 18 / 9 / 13 )



No ano 2009, a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional e Nova Escola Galega organizaron en Melide unha actividade de formación que pretendeu achegar o estudo do patrimonio lúdico ao ámbito educativo. A resposta obtida por aquela convocatoria téndose esgotado todas as prazas ofertadas, provocou que se concibise unha segunda edición do Curso no ano 2010, daquela centrada máis especificamente nalgunhas didácticas especí­ficas, pero na que non se esqueceron perspectivas máis globais ”“institucións europeas, universitarias, gobernos locais, ámbitos empresarial...”“ co obxectivo de ir construí­ndo unha visión o máis completa posible dos procesos de recuperación dos patrimonios lúdicos nacionais.


A terceira edición da actividade, a do ano 2011, pretendeu xustamente afondar nalgúns aspectos apenas bosquexados nas precedentes, ao tempo que optaba por reservar espazos especí­ficos para o coñecemento e a reflexión sobre algúns deportes tradicionais galegos. Precisamente para a práctica dalgunhas destas modalidades deportivas contouse cos propios xogadores-protagonistas da súa recuperación. O IV Curso de Formación do Patrimonio Lúdico trasladou o seu lugar de celebración para a Illa de Arousa, xustamente para darlles opcións ás prácticas lúdicas propias da costa de ter o protagonismo que a súa vixencia merece.


Nesta quinta edición, e coa incorporación ao grupo de entidades organizadoras da Asociación Xuvenil Proxectando, o Curso desenvolverase en Carballo, a capital de Bergantiños, unha das comarcas máis e mellor definidas a nivel cultural de todo o paí­s, na que o patrimonio lúdico atopa manifestacións especí­ficas e na que se están desenvolvendo interesantes proxectos de recuperación e posta en valor do xogo tradicional: clubs de chave, o Museo Etnolúdico Galego de Ponteceso, desenvolvemento de teses de doutoramento sobre os espazos de xogo, proxectos de longo percorrido nalgúns centros da comarca...



OBXECTIVOS
1. Achegarse á cuestión do xogo tradicional desde unha óptica global, atendendo aos procesos de recuperación do patrimonio lúdico que se están desenvolvendo desde diferentes ámbitos.


2. Analizar o xogo tradicional, e en especial o propio da comarca de Bergantiños, como manifestación cultural, así­ como o seu papel especí­fico na construción da identidade.


3. Poñer en común a función do xogo tradicional na educación e as estratexias de introdución do patrimonio lúdico galego no ámbito escolar.


4. Investigar posibles estratexias de recuperación do patrimonio lúdico galego desde o ámbito dalgunhas didácticas especí­ficas e valorar o seu papel no desenvolvemento dos procesos educativos.


5. Particularmente, afondar na relación das prácticas lúdicas tradicionais co desenvolvemento psicomotriz e co crecemento harmónico do ser humano.


6. Practicar unha importante baterí­a de xogos e deportes de diferente tipoloxí­a e poñer en común variantes das modalidades propostas, e mesmo outras diferentes.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal