>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

I Festival da Lameira en San Cibrao das Viñas (Ourense)

(ultima actualizaci�n: 12 / 9 / 13 )





Este venres día 13 de setembro San Cibrao das Viñas acolle o I Festival da Lameira coa actuación de Coanhadeira, The Teta´s van e Indomables. Tres grandes propostas musicais nesta primeira edición desta cita festivaleira da localidade ourensana. Organizado polo local hostaleiro Bbikalla, producido por Culturactiva SCG e coa colaboración de varios negocios da zona, a proposta augura un grande éxito.

Deste xeito, con entrada de balde e a partir das 22:30 horas, a Lameira de Santa Cruz (Polígono de San Cibrao das Viñas, Ourense) converterase nun novo evento do verán galego con tres actuacións musicais de calidade. Serán o grupo tradicional Coanhadeira, seguido polas mozas de 'The Teta´s van' e os Indomables desde a Guarda.

A dita proposta xorde, tal e como explican os organizadores, pola inciativa privada dun local da zona, Bbikalla, xunto coa colaboración de Culturactiva á hora de “crear un novo evento na comarca que difunda a música ao vivo”, os grupos de folc e rock galegos e de “achegar á veciñanza de San Cibrao, Ourense e arredores unha nova proposta musical”, apuntan.

Ademais, entre os obxectivos deste I Festival da Lameira, atópase o de “crear un novo festival cunha marca, estilo e personalidade propia que perdure e medre ao longo dos anos” e que poida sumarse así á longa lista de grandes propostas do verán galego dando a San Cibrao a oportunidade de situarse na ruta dos festivais e festivaleiros galegos grazas a esta cita musical.


- festivais -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal