
26 de Xuño de 2013
O festival tratará dos oficios máis típicos da nosa terra: multitude de bailes, gaitas, pezas cantadas, bailes e cancións recuperadas de cando se facían estes labores. Este festival é unha mostra dos grupos cos que conta a asociación. En escena máis de cen compoñentes de Donaire todos ataviados con traxe galego, no que será unha exhibición do estado da asociación hoxe en día. Unha demostración do asociacionismo e compañeirismo que velan na agrupación, nenos dende os 5 anos ata os máis maiores do grupo. VENDA DE ENTRADAS: - Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo). - Despacho do ígora: mesmo día dende unha hora antes (pagos en efectivo). - Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com
|