>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

II Mostra de Patrimonio Cultura Inmaterial Galego Portugués. Ourense do 8 ao 11 de novembro
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 30 / 10 / 08 )





A II Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués celebrarase do 8 ao 11 de novembro en Ourense coa intención de dar a coñecer as manifestacións da nosa cultura tradicional. Na praza Maior da cidade reviviranse usos, representacións, técnicas e coñecementos tradicionais que conforman o noso patrimonio.

A mostra insírese dentro do proxecto Ronsel, nacido da colaboración das consellarías de Cultura e Deporte, Innovación e Industria e as tres universidades galegas. Amosará a diversidade patrimonial da nosa comunidade, ofrecendo a todos os que se acheguen representacións da súa riqueza. Esta mostra é "unha exposición viva das nosas manifestacións culturais, onde a xente poderá participar nos distintos obradoiros de xeito activo", sinalou Iván Area, vicerreitor de Relacións Institucionais de Universidade de Vigo. Area foi o encargado de presentar o programa de actividades dos catro días, no que se mesturan obradoiros tradicionais e de artesanía, actuacións de música e baile, conferencias e proxeccións audiovisuais.

Catro estacións

A II Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués ten como fío condutor o Ciclo do ano, denominación baixo a que se reúnen as actividades que os galegos facemos de xeito cíclico cada estación do ano. Por iso, cada día adicarase a unha estación, de xeito que o certame comezará o sábado 8 coa primavera, o domingo será o verán, o luns tocaralle ao outono, e a mostra rematará coa chegada do inverno o martes 11.

Ademais cada estación do ano contará cunha cabana permanente onde se poderán visitar diferentes exposicións. Nenos e maiores poderán participar de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.30, durante os catro días, en obradoiros como olería, fabricación de corozas, forxa, tornaría, fabricación de xoguetes e instrumentos musicais, ou destilación de augardente, entre outros.

A mostra conta tamén cunha Cabana das Palabras onde terán lugar diversos relatorios e proxección audiovisuais, ademais das I Xornadas de Hortofruticultura Ecolóxica. O remate final a este certame, o martes 11, virá acompañado de castañas, chourizos e viño novo, no magosto popular que se organizará ás 17:00 nos Xardíns Bispo Cesáreo.

Música tradicional

Aínda que todos os días haberá actuacións musicais e de baile tradicional protagonizadas por agrupacións da área Galicia-Norte de Portugal, a música darase cita de xeito especial as noites do sábado e do luns, xa que a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), que tamén colabora na organización da mostra, celebrará eses días o seu Festival de Música Tradicional. As Tanxedoras do Pandeiro, Joaquim Pereira "O Carriço", a Requinta de Xián, Pai da Cana ou Tanto nos ten, son algunhas das agrupacións que pasarán polo escenario. Durante as actuacións e para afastar o frío, poderase desgustarse gratuitamente queimada feita coas augardentes destiladas polo poteiro da mostra.

Proxecto Ronsel

Grazas á colaboración entre as tres universidades galegas, coordinadas pola Universidade de Vigo, xunto co patrocinio das Consellarías de Cultura e Deporte, Innovación e Industria e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), xurdiu o Proxecto RONSEL; que naceu pola imperiosa necesidade de salvagardar o patrimonio cultural inmaterial de Galicia. O proxecto, no que se insire esta mostra, pretende facer unha investigación e documentación minuciosa de todo o patrimonio galego, ademais da súa promoción, protección, difusión e transmisión.

Programa da mostra

Web do Proxecto Ronsel




NOVAS RELACIONADAS:



CULTURA PRESENTA O PLAN PARA A SALVAGARDA E POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=13381


A protección do Patrimonio Inmaterial desenvolverase en 21 liñas
estratéxicas


O Patrimonio Cultural Inmaterial galego (PCI) contará ao longo dos
vindeiros cinco anos cun plan estratéxico que definirás as liñas e
traballo que se deben desenvolver para garantir a súa supervivencia e
difusión. A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, presentaba esta
mañá o Plan para a Salvagarda e Posta en Valor do Patrimonio
Cultural Inmaterial, un documento que recolle 21 obxectivos
estratéxicos 116 liñas de acción para garantir o futuro destes bens
cultural. Entre as medidas que xa se están a desenvolver no maco do
Proxecto Ronsel, Bugallo lembrou o traballo de catalogación de
instrumentos e de oficios tradicionais, e adiantou asimesmo que esta
proposta se ampliará a ámbitos coma a botánica, as prácticas agrarias
ou o emprego da auga entre outras. O proxecto Ronsel é unha
iniciativa conxunta de Cultura, Industria, a Axencia Galega de
Desenvolvemento Rural (Agader) e as tres universidades galegas.


Estas propostas de catalogación van facilitará, segundo os responsables do plan, que "propostas da cultura tradicional galega para seren incluídas na listaxe de Patrimonio Inmaterial da Humanidade da UNESCO". Nese sentido, Bugallo lembrou que o seu departamento coordinouse coa candidatura do Patrimonio Común Galego-Portugués.

Outra das múltiples medidas que quere abordar esta iniciativa é a
redefinición do marco xurídico sobre o PCI e mais a creación dun grao
e dun posgrao de Antropoloxía Social en Galicia, nos que se prestará
especial atención á etnomusicoloxía e á danza tradicional.


A nivel de difusión, o plan aposta por vencellar a recuperación do PCI
co turismo rural ao tempo que busca espazos de encontro entre os
portadores vivos deste coñecemento co conxunto da sociedade. A
elaboración de documentais, libros, revistas ou bandas deseñadas
relacionadas con esta temática son algunhas das medidas propostas
para conseguir un maior recoñecemento social deste patrimonio.

O coordinador do proxecto Ronsel, Iván Area, lembrou que dentro
destas medidas está a II Mostra do Patrimonio Inmaterial que se
celebra en Ourense a partir da vindeira fin de semana. Area tamén
repasou o traballo que desde a Universidade de Vigo se desenvolve
no portal desta iniciativa, que conta con máis de 250 vídeos e unha
ampla documentación encol do patrimonio inmaterial.

A elaboración do plan contou coa participación de 61 especialistas dos
cales arredor da terceira parte achegáronse desde asociacións de
defensa destes bens. Precisamente outra das propostas do plan é a
creación dunha rede que coordine o traballo deste tipo de entidades.





AGG SÚMASE Á MOSTRA DO PATRIMONIO INMATERIAL CULTURAL DE OURENSE, DO 8 AO 11 DE NOVEMBRO
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=711



Asociación de Gaiteiros Galegos e o Proxecto Ronsel (das tres Universidades galegas) organizan a Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego na Alameda de Abaixo de Ourense, entre os días 8 e 11 de novembro. A iniciativa procurará pór en valor o patrimonio cultural inmaterial, como xa se fixera o ano pasado en Pontevedra, a través de exposicións, debates, música, degustación de produtos e producións audiovisuais.

Dentro do programa, a AGG celebrará un Festival de Música Tradicional, nas noites do sábado 8 e luns 10, coa participación de grupos galegos e portugueses. A música será unha constante no evento, tamén en horas diúrnas.

As catro xornadas da mostra van acoller obradoiros de xogos e xoguetes tradicionais, olería, forxa, luthería, torno, construción de instrumentos vexetais e construción en barro. Cada día estará dedicado a unha estación, co obxectivo de facer un percorrido polo ciclo do ano a través da exhibición de actividades tradicionais. O programa de exposicións é moi variado. Poderán verse desde traxes tradicionais de faena e de Entroido ata xoguetes tradicionais, pasando por material de oficios, produtos ecolóxicos e razas de gando autóctono.

FESTIVAL DE MÚSICA TRADICIONAL DA ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS

SÁBADO 8 DE NOVEMBRO, de 20:30 a 00:30 h

Joaquim Pereira “O Carriço” (gaiteiro de Quinta do Valongo, Mealhada, Portugal).
Ludovaina (cuarteto tradicional do Morrazo,
Pontevedra).
Tanxedoras do Pandeiro (Vigo, Pontevedra).
Aula de Música Tradicional Gomes Mouro (Ourense).
A Requinta de Xián (comarca da Ulla, Boqueixón, A Coruña).

LUNS 10 DE NOVEMBRO, de 20:30 a 00:30 h

Henrique Carregal (Gaiteiro de Melide, A Coruña).
Juanjo Fernández (Gaiteiro de Lugo).
Tres Estralos (romances e cantos) (Redondela, Pontevedra).
Pai da Cana (murga) (Poio, Pontevedra).
Tanto nos ten (quinteto) (Redondela, Pontevedra).





O patrimonio inmaterial de Galicia conta cun plan para a súa salvagarda e posta en valor
http://novas.xunta.es/node/12317








13:31 (Hace 9 horas)
http://www.anosaterra.org/nova/a-ii-mostra-de-patrimonio-cultural-inmaterial-galego-portugues-c


Inaugúrase esta tarde na Praza Maior ourensá, e, ao longo de
catro días, exporá materiais relacionados cos catro ciclos estacionais e
as súas respectivas actividades. O Proxecto Ronsel, da Universidade
de Vigo, realizou a primeira mostra o ano pasado en Pontevedra, e
este ano localízase na cidade das Burgas.



Estarán presentes o tenente de alcalde de Ourense, Alexandre
Sánchez, o vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, e Pablo
Carpintero, presidente de Asociación de Gaiteiros Galegos. Amais de
representantes das consellarías de Cultura e Deporte, Innovación e
Industria e Medio Rural.

O certame comezou este sábado ás 10.30, coa primavera. O domingo
será a quenda do verán, o luns, a do outono, e a mostra rematará
coa chegada do inverno o martes 11. Cada estación do ano contará
cunha cabana permanente onde se poderán visitar diferentes
exposicións: de razas autóctonas galegas, traxes, instrumentos
musicais, rodas de afiar... Haberá tamén charlas e producións
audiovisuais, degustación de produtos ecolóxicos, e unha mostra de
manifestacións lúdicas: os entroidos da Ribeira Sacra, o Folión da
Caniceira de Trives ou as Treboadas de Tomiño.

Tanto cativos e cativas como persoas adultas poden participar, ao
longo dos catro días, e en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a
19.30, en obradoiros de olaría, fabricación de corozas, forxa, tornaría,
fabricación de xoguetes e instrumentos musicais, ou destilación de
augardente, entre outros. Tamén terá lugar o Festival de Música
Tradicional da Asociación de Gaiteiros Galegos, que, nas noites do
sábado e luns, reunirá a algúns dos mellores grupos galegos. Como
fin de festa, un magosto popular pechará o "inverno" o martes ás
17.00, con castañas, chourizos e viño novo, nos Xardíns Bispo
Cesáreo.

O Proxecto Ronsel

O Proxecto RONSEL é unha iniciativa coa que as tres Universidades
Galegas, baixo a coordinación da Universidade de Vigo, se
comprometen a levar ao cabo un Plan para a Salvagarda do
Patrimonio Cultural Inmaterial, co patrocinio da Consellaría de Cultura
e Deporte, da Consellaría de Innovación e Industria e da Axencia
Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).





Ronsel de ideas polo patrimonio
http://www.vieiros.com/nova/70149/ronsel-de-ideas-polo-patrimonio


Exposicións, proxeccións, obradoiros, música, conferencias,
magosto... Continúa até o martes en Ourense a xuntanza arredor do
patrimonio inmaterial organizada pola Universidade de Vigo.



É a segunda edición da mostra celebra a súa segunda edición da
Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués, e ten
lugar até o 11 de novembro en Ourense. Un amplo programa que une
obradoiros tradicionais e de artesanía, actuacións de música e baile,
conferencias e proxeccións audiovisuais. O fío condutor: o Ciclo do
ano, denominación baixo a que se reúnen as actividades que os
galegos facemos de xeito cíclico cada estación do ano. Cada un dos
catro días váiselle adicando a unha estación.

Segundo explica Iván Area, vicerreitor da Universidade de Vigo, a
mostra é escaparate axeitado dun ambicioso traballo no que están
implicadas as tres universidades do país, a Xunta a través das
consellarías de Cultura e Medio Rural e diversos colectivos e
institucións, entre os que menciona a Asociación de Gaiteiros Galegos,
Ponte nas Ondas, Brinquedia, o Museo do Pobo Galego ou a
Fundación Son de Seu, entre outros.

Alén do Proxecto Ronsel, como obxectivo inmediato os sectores
implicados traballan para a definición dun plan para a encomenda,
salvagarda e posta en valor do patrimonio cultural inmaterial. Un
proxecto que, explica Iván Area, aposta pola difusión internacional do
patrimonio; o seu aproveitamento turístico e a elaboración de
materiais educativos e o apoio á edición de contidos en formatos
diversos. A iniciativa conta ademais cun espazo propio aloxado no
portal da Universidade de Vigo con ampla documentación e arquivos
audiovisuais relacionados, desde a forxa á olería, pasando pola
muiñeira vella que achegan os veciños de Limiñoa até o encontro de
tocadores de trompa.





Centenares de ourensanos visitaron la mostra durante el domingo en la capital
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2008/11/10/0003_7300945.htm


Retomar los juegos de la infancia o descubriros, en el caso de que
hayan sido extintos por el tiempo, como la rana, la peonza o el aro,
son algunas de las posibilidades que ofreció ayer la mostra de
Patrimonio Cultural Inmaterial, ubicada en la plaza Mayor, teniendo
como fondo la música tradicional que emanaba de los tambores y las
gaitas.

Ejercicios lúdicos, acompañados por obradoiros, en los que se
mostraban recreaciones de los diferentes oficios de tradición gallega,
también fusilados por el paso del tiempo y su avance incontrolado, y
que no pasaron desapercibidos para los visitantes. El proceso del lino
o los artesanos del barro manufacturando en directo, fueron revisados
ayer ante la atenta mirada de nietos, padres y abuelos, por igual. La
construcción de instrumentos musicales vegetales o la exposición
centrada en el gremio de los afiladores, fueron también demandadas
por los invitados, quienes no dudaban en tocar y probar las ruedas de
esta profesión típicamente ourensana.

Señas de identidad, que durante la mañana y el mediodía se
completaron con la oferta audiovisual. Proyecciones, que desde las 11
horas, ilustraban en la pantalla realidades gallegas recuperadas por el
cine y su género, el documental. A danza de espadas de Redondela,
O entroido ribeirao, A danza do Darbo y Os cabezudos de Santiago de
Compostela, fueron los títulos pasados hasta las 13.30 horas.

El patrimonio cultural inmaterial -bajo criterios de la Unesco- se
clasifica en cinco ámbitos: tradición y expresión oral, artes del
espectáculo, usos sociales, rituales y actos festivos, conocimiento y
usos relacionados con la naturaleza y el universo, y técnicas
artesanales tradicionales. Elementos, todos ellos, que ayer fueron
defendidos en las diferentes ponencias impartidas durante la tarde.


Ponencias inmateriales

Xosé Manuel González Reboredo eligió el título O instituto de estudos
das identidades (Museo do Pobo Galego): conservación e difusión do
noso patrimonio oral. Elías Torres tomó la palabra para referirse a su
ponencia sobre Patrimonio e cohesión social, Julia Varela sobre Urxe
coidar a riqueza material e inmaterial do rural y José Cueva,
encargado de cerrar las conferencias, lo hizo hablando sobre Da
tradición a modernidade na castaña. La ponencia de Xosé Carlos
Sierra, nuevo secretario xeral de la Consellería de Cultura, que
estaba prevista bajo el título O concepto de patrimonio inmaterial: un
debate necesario, fue suspendida.

Palabras y conceptos, que ayer tuvieron un día de fiesta, en donde no
faltó la música. Joaquim Pereira, gaiteiro de Quinta do Valongo, en
Portugal, José Marentes, de A Fonsagrada, y Cesar Fernández,
trompeiro de A Fonsagrada, fueron junto a otras agrupaciones
procedentes do Baixo Miño, en Pontevedra, y Costa da Morte, los
encargados de musicalizar la fiesta.





’O patrimonio inmaterial está vivo e non é solo do rural, tamén é urbano’
http://www.atlantico.net/noticia/65548/patrimonio/inmaterial/


O vicerreitor de Relacións Institucionais ten entre as súas
ocupacións a coordinación do proxecto Ronsel de salvagarda do
patrimonio inmaterial, unha iniciativa na que colaboran as tres
universidades galegas. O patrimonio inmaterial responde a quén
somos e ónde queremos chegar. Iván Área afirma que non fala sólo
do pasado senon tamén do futuro.



O vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, é o coordinador do
Proxecto Ronsel para a salvagarda e posta en valor do patrimonio
inmaterial cultural, unha iniciativa na que participan as tres
universidades galegas e conta co patrocinio da Consellería de Cultura,
a Consellería de Innovación e a Axencia Galega de Desenvolvemento
Rural. Iván Area é matemático e vén da Escola de Teleco, pero
ademáis é músico (aínda que agora non ten moito tempo é un
virtuoso da gaita) e é unha persoa preocupada pola cultura tradicional
dende hai anos.

¿Por qué as universidades galegas saen ao rescate do patrimonio
inmaterial en Galicia?

Eu non diría que saen ao rescate, eu falaría de salvagarda e posta en
valor do patrimonio inmaterial, son conceptos moi distintos. Pensamos
que o noso patrimonio ten unha potencialidade moi ampla en
distintos campos e por este motivo se asina este convenio.


No caso de que as institucións non deran este paso, ¿o patrimonio
inmaterial correría perigo de perderse?

Aquí hai un tema que hai que deixar claro, o patrimonio inmaterial
sempre estivo vivo na sociedade civil, en asociacións, en persoas
físicas, entidades xurídicas, e aí é onde transcorre o seu ciclo de vida.
Neste momento o único que se fai é asinar un convenio coas
universidades para desenvolver determinadas actuacións. Eu penso
que este feito de ter un paraugas para dar acubillo a moitas iniciativas
é moi importante. Ademáis de esto, as universidades tamén teñen un
papel moi interesante no que é o deseño de estratexias a seguir para
traballar nesta liña. Hai un traballo intelectual propio das
universidades moi importante.

afiador, como que é algo que vai morrer se non facemos nada.
Non, este discurso está moi superado. Nun periodo como estamos, de
crise, debemos reflexionar máis. O papel das universidades é moi
importante en periodos como éste onde agroman as mellores ideas e
xorden iniciativas como ésta que ten que ver con cómo có patrimonio
inmaterial podemos ter unha sociedad máis sustentable. Esa é
realmente a esencia, hai moitos preconceptos que levan a
malinterpretar.

¿Cáles serían esos preconceptos dos que fala?
Por exemplo, asociar o patrimonio inmaterial únicamente ao rural.
Nada máis lonxe da realida de, o patrimonio é un continuo, agora
temos prácticas que xa son patrimonio de todos nós e que tamén se
desenvolven na sociedade urbana, é un continuo.


Di vostede que a Universidade ten interés en facerse máis
presente na sociedade e que é unha das razóns desta aposta.

A Universidade ten que estar inxerida na sociedade, de moitas fomas.
Por exemplo, cos convenios coas empresas, levamos máis de 9.000,
coas cátedras e aí seguimos sendo un referente absoluto, por suposto
socialmente tamén é importante a movilidad de estudantes que xa o
dixo a CRUE que estamos moi ben posicionados, e eu tamén entendo
que é tamén a relación co mundo das asociacións. Este tipo de
proxectos axudan a que haxa unha comunicación.

¿Cáles son os ámbitos do patrimonio inmaterial nos que decidiron
traballar?

Traballamos nos cinco ámbitos nos que a Unesco divide o patrimonio
inmaterial (tradicións e expresións orais; artes do espectáculo; usos
sociais, rituais e actos festivos; coñecemento e usos relacionados coa
natureza e o universo; técnicas artesanais tradicionais). Entra
prácticamente todo o que constitúe quén somos e ónde queremos
chegar. Volvo a falar non sólo do pasado senon do futuro, de utilizar o
patrimonio para a sociedade. Aí entran o que son as tradicións orais,
alguén pode decir ’e que sólo temos as regueifas’, pero está
actualizado o discurso no hip-hop, eso é patrimonio. Temos as artes
do espectáculo, preferiría chamarlle artes da representación, entra a
música tradicional máis tamén o que se está producir nun debate de
actualización. Por exemplo temos as técnicas artesanais tradicionais,
que son os oficios, algúns se poden actualizar e outros formarán parte
da etnografía e a antropoloxía.

No caso de Vigo xa houbo outra iniciativa do proxecto Ronsel, que
foi unha lectura de contos en castelán, galego, inglés e francés no
acto de benvida aos erasmus, e que logo editouse nun libro.
Estas cousas son arriscadas, pero ver aos estudantes extranxeiros
lendo con interés o libro foi moi satisfactorio. O que fixemos foi unha
escolma de contos para que os estudantes poidan coñecer algo máis
de nós. Aí entra outra parte importante da nosa concepción da cultura
tradicional, que a cultura é de todos, por tanto todo o traballo que
facemos está a disposición de calquera en internet. Foi curioso no acto
de benvida aos erasmus que unha alumna, ao ver o libro, dixo que
ela falaba sete idiomas e que a partir do segundo todo é maís fácil.


As gaitas e zanfonas de Faustino Santalices, na mostra de Ourense

¿Que atoparán os visitantes na II Mostra do Patrimonio Cultural
Inmaterial que acaban de abrir en Ourense?

Van percibir a viveza de moitísimas manifestacións culturais, a
posibilidade de participar en actividades que forman parte da nosa
identidade colectiva. O programa ten unha parte moi participativa: se
pode traballar o barro, traballar a forxa, y no sólo actividades
deficitarias económicamente, porque o traballo dos ourives o un
constructor de violins tamén é patrimonio e asóciase con ventaxe
competitiva, tamén haberá un luthier, un torneiro facendo unha gaita,
xoguetes tradicionais, xogos, un poteiro destilando augardente,
olería, un afiador. Ten unha parte moi dinámica, moi interactiva. Pero
unha universidade tamén ten que apostar por un discurso máis
especializado e hai conferencias dos mellores especialistas que
puideron vir. Pola noite esto se completa con música, aí colaboramos
coa asociación de gaiteiros galegos. En paralelo aínda que nos
entendemos que o patrimonio está vivo, sí temos exposicións físicas,
como este ano é en Ourense hai unha mostra dos instrumentos que
construiu de Faustino Santalices, que é un dos máximos exponentes
da recuperación da gaita e da zanfona. Tamén sobre ferramentas do
afiador e sobre o Antroido que en Ourense é importante. Calquer
persoa pode ter un interese de facer cousas e pode ter un interese
intelectual.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal