>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Actuación da Agrupación O Fiadeiro en Ponteareas no Ciclo Danza 3: Folclore na rúa

(ultima actualización: 7 / 9 / 13 )





Sábado 07 de setembro de 2013 ás 19:30h na Praza Maior de Ponteareas (Pontevedra)

Entrada: de balde.
Organiza: Agadic, Concello de Ponteareas

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da Cultura galega.

Nesta ocasión, o proxecto pretende acercar o folclore á rúa levando a cada unha destas agrupacións a distintos Concellos da xeografía galega.

A Agrupación O Fiadeiro, que conta con seccións de Baile, Pandereteir@s e Charanga, acércase ós Concellos de Ponteareas, Sober e Redondela os días 07, 14 e 22 de Setembro.

Máis info:
ofiadeiro@ofiadeiro.com
629 585 355


- O Fiadeiro- Cantigas e Agarimos -


NOVAS RELACIONADAS:



A Consellería de Cultura e Educación leva o programa "Danza 3" ás rúas de nove localidades da man de Cantigas e Agarimos, O Fiadeiro e Xacarandaina
http://www.edu.xunta.es/web/node/10258


Cada un destes grupos de baile e música ofrecerá un total de tres funcións no marco deste ciclo, que dará comezo o vindeiro 10 de agosto coas presentacións de Cantigas e Agarimos en Celanova e Xacarandaina na Laracha. A agrupación compostelá actuará ademais en Marín (8 de setembro) e no Barco de Valdeorras (13 de setembro), mentres que Xacarandaina o fará tamén en Betanzos (24 de agosto) e en Vilalba (31 de agosto). Pola súa banda, O Fiadeiro representará os seus espectáculos en Ponteareas (7 de setembro), Redondela (22 de setembro) e nunha terceira localidade pendente de confirmación.

En cada unha destas citas, as agrupacións exhibirán a pé de rúa unha mostra do seu amplo repertorio nunha proposta artística preparada especialmente para cada espazo e a través da que se buscará implicar o público asistente, de xeito que cada un destes espectáculos será único, espontáneo e persoal.

Cantigas e Agarimos, O Fiadeiro e Xacarandaina veñen colaborando desde hai unha década en distintas entregas de Danza 3, para as que contaron co apoio de diferentes administracións públicas. As tres entidades traballan, desde a súa fundación, coa música e o baile tradicionais como materias primas a partir das que constrúen experiencias visuais e sonoras para o público actual, contribuíndo deste xeito á divulgación dunha parte esencial da cultura de Galicia e do seu patrimonio inmaterial.
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal