>> Iniciar Sesión  




+     

 


 



Bocadiños de Música (Viascón - Cotobade)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 7 / 9 / 13 )



O Concello de Cotobade en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos pon en marcha o vindeiro venres o ciclo "Bocados de Música" na Casa da Gaita de Viascón.


Esta actividade ten como finalidade promocionar a gastronomí­a local, a música do Concello de Cotobade e o Museo da Casa da Gaita. Farase unha mención especial á parroquia de Borela, dando a coñecer o folclore e o gusto polas tradicións que aí­nda perviven grazas ao tesón dos veciños da parroquia.


Estes concertos teñen unha duración curta e a entrada é gratuí­ta e o aforo é limitado. Poderase visitar o museo e degustar algunha delicia gastronómica propia do municipio.


venres 6 de setembro: 20:00h Foula


venres 13 setembro: 20:30 h Banda Unión Musical de Tenorio


venres 20 setembro: 20:00h Catro Ventos


venres 27 setembro: 20:00h Trazantes de Tenorio


venres 4 outubro: 20:30 Parroquia de Borela















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal