>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

2º concerto matutino no CSC do Castiñeiriño o domingo 2 novembro
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 30 / 10 / 08 )





Este domingo ás 12.30 h celébrase o 2º concerto matutino a cargo do
dúo Ugia Pedreira e Óscar Fernández dentro da serie de actividades
que o Centro Galego de Música Popular organiza en locais socio-
culturais de Santiago onde mestres de aCentral Folque Compostela
actúan en formacións miúdas.

Para a segunda entrega serán Ugia Pedreira (directora de aCentral e
cantante de recoñecido prestixio) e Óscar Fernández (mestre e músico
de referencia do folque galego). Comparten escea nun dúo de voz e
sanfona que interpretarán un repertorio de composicións de Ugia e os
temas que ela aprendeu de súa nai na casa familiar en Foz.

Dous músicos que xa colaboraron no disco Circo Montecuruto de
Cempés e que desde entón buscaban formulas para facer música
xuntos. Este é o terceiro concerto que realizan. O primeiro tivo lugar
na Igrexa de Melide e o segundo no Teatro Paco Rabal de Vallecas.


- aCentral Folque -












COMENTARIOS:



trackback
http://folque.com/cmn-wp/wp-trackback.php?p=1098

Enviado o 30/10/08 ás 20:56h





 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal