>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Rebumbio 2013 (Puxeiros. Mos)

(ultima actualizaci�n: 27 / 8 / 13 )





Benvid@s un ano máis a una nova edición do Rebumbio.

Primeiramente queremos explicar de que vai isto da Festa do Monte–Rebumbio, tras anos de colaboración entre a nosa Asociación e a Comunidade de Montes de Tameiga, sendo estes o maior baluarte que temos para seguir celebrando o festival, decidimos levar a cabo na mesma finde o Festival Rebumbio e a Festa do Monte dos veciños de Tameiga, non solo polo aforro que supón facer todo xunto, se non tamén por integrar os dous eventos e ir traballando en conxunto, para o que poida ser nun futuro, unha semana chea de cultura e diversión.

E agora imos ca que temos preparada para darlle unha nova volta o Monte do Rebullón!!

O venres 30 de agosto no Festival Rebumbio contaremos cos Ulträqäns, Os Vacalouras, Chotokoeu, O Leo Arremecághona e daremos a benvida o día cunha boa sesión de Hadri Hache!!!.

O sábado 31, Serán do Monte, aparte de ter aberto o palco a calquera grupo ou solista, estaremos acompañados polos Veraneantes, As Lagharteiras e A Bagunda Folc Republicano.

O domingo 1 de setembro, Festa do monte dos Veciños de Tameiga, no que aparte do xantar popular, durante todo o dia contaremos cas seguintes actuacións; A Fanfarria Taquikardia, O artista de circo Abramcadabra o Cé Orquestra Pantasma e o espectáculo de humor dos Sete Magníficos Máis Un.


- Rebumbio -


NOVAS RELACIONADAS:



Horarios Rebumbio 2013





















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal