>> Iniciar Sesión  




+     

 


 



Volven os seráns á Nasa
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 28 / 10 / 08 )



A Sala Nasa inicia a sexta tempada de Seráns, que se consolida coma
unha cita ineludíbel para os amantes do baile e a música tradicionais
de toda Galiza.

Valses, muiñeiras, pasodobles, xotas e outros ritmos bailables co
sabor da terra encherán as noites da nasa os días 30 de outubro e 4
de decembro. Que soe a música e a bailar.

Para quen aínda non se mergullou nun serán, quizais debería saber
que a maior parte da xente vai aos seráns a cantar, tocar e bailar,
porque de feito para iso foron creados e ese é o seu principal
cometido. Pero non vos preocupedes se aínda non sabedes botar un
solto: os seráns son unha moi boa escola, un dos mellores sitios onde
aprender de xeito "natural" como botar unha jota ou unha muiñeira,
vendo a mestría de moitos dos máis veteranos e expertos bailadores
de toda a zona.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal