>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XI FESTIVAL DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL ALEIVOSíA (Rianxo)

(ultima actualización: 21 / 8 / 13 )





A Agrupación de baile e música tradicional Aleivosía pertencente á Asociación Sociocultural Fogo Fatuo de Rianxo en colaboración coa Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo dentro da programación do Verán Cultural 2013 organiza o XI festival de baile e música tradicional Aleivosía.
O vindeiro día 24 de agosto celebrarase o XI Festival de baile e música tradicional Aleivosía a partires das 21:30 h na praza de Rafael Dieste (Rianxo) no que participarán as diferentes agrupacións que conforman Aleivosía cun total de 7 agrupacións formadas por nenos e maiores de entre 3 a 50 anos de idade que ofertarán unha noite chea da mellor esencia da cultura tradicional con bailes, pandereteiras, gaiteiros...


- Fogo Fatuo -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal