>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

II ENCONTRO SOBRE O LOBO GALEGO. 8-9 de novembro no CEIDA
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 25 / 10 / 08 )





Non ten que ver coa música, pero..




NOVAS RELACIONADAS:




http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=38973


II ENCONTRO SOBRE O LOBO GALEGO. 8-9 de novembro no CEIDA
Xornal Galicia | Viernes, 07 Noviembre, 2008 - 10:55

Un animal salvaxe percorre a nosa terra en busca desesperada de alimento para el e para os seus. É un animal mítico, presente nas nosas xeografías e na nosa cultura, que provoca alarma porque produce danos no gando e nos apreciados cans, e porque, para algúns, é unha fera que devora nenos. Para outros é o símbolo do indómito, do pouco que nos queda de salvaxe, e hai quen está convencido de que os de hoxe son os últimos: que xa non lles queda carne, nin terra, nin aire, para vivir.

A presenza deste cánido provocou controversia desde hai miles de anos, e nos últimos tempos máis: no rural estase a perder a “cultura do lobo” e piden a súa cabeza; nas cidades, parapetados nos altos edificios e potentes focos, defenden a súa vida sen condicións.
Nos cremos, como estamos seguros que cre a maioría, que hai que garantir o seu futuro porque forma parte do noso patrimonio natural, porque é unha peza fundamental no equilibrio ecolóxico e porque grazas ás súas perfectas características conseguiu ir salvándose da insidiosa persecución e da continuada destrución dos seus hábitats.
En tempos de grande penuria económica foron os habitantes do rural quen en solitario soportaron as súas "falcatruadas". Hoxe está asumido que temos que ser entre todos, toda a sociedade, a que se ten que facer cargo dos custos da súa conservación. Como tamén está asumido que temos que botarlle unha man ao noso medio natural, e ao lobo como parte del, porque cos medios dos que se dispón na actualidade os cambios poden ser grandes, rápidos e irreversíbeis.
Estas son as razóns destes II Encontros sobre o lobo galego: coñecer o novo Plano de Xestión do Lobo en Galiza, dialogar, poñer en común coñecementos e experiencias, na procura de solucións que palíen os problemas derivados da conservación da especie salvaxe máis emblemática: o lobo; para que siga regulando o noso medio natural e para que siga sendo fonte de inspiración na nosa cultura.


PROGRAMA:

8 de novembro. CEIDA (Oleiros-A Coruña)
Exposición: “ O lobo en Galiza”
9,45-10,00: Presentación e inauguración de exposición sobre o lobo.
10,00-11,00: Xestión e problemática do lobo en Portugal. Francisco Petrucci-Fonseca, presidente do Grupo Lobo. Profesor da Universidade de Lisboa.
11,00-12,00: Xestión e problemática do lobo en Asturias. Laura Varona–Alfredo Menéndez, de ULEX.
12,00-12,30h: Pausa-café
12,30-13 h: O incerto futuro do lobo na Galiza. Felipe Bárcena.
13-14 h: Plan de Xestión do lobo en Galicia. Luis R. Llaneza, do equipo redactor do Plan
Pausa-comida
16,30h: Mesa redonda: Pasado, presente e futuro do lobo en Galiza. Con representantes do movemento ecoloxista (Pedro Alonso) dos gandeiros (OVICA), dos cazadores (presidente da Federación Galega de Caza, José Gómez Cortón) e da Xunta de Galicia (Director Xeral de Biodiversidade, José Benito Reza)
9 de novembro, 12 h: ROTEIRO POLOS FOXOS DO LOBO. Bande-Ourense

Guía: David Pérez López. Arqueólogo.

Saída de Ferrol ás 8:30.

Paradas:
-9:00h. Estación de autobuses da Coruña, acceso principal superior (rúa dos Cabaleiros)
-10:00h. Estación de autobuses de Compostela, acceso principal superior (praza de Camilo Díaz Valiño)
-11:15h. Estación de autobuses de Ourense (dársena de chegadas/saídas)
-Última parada en Celanova. Contactar con Xan Carlos (629635945) para hora e lugar.


Chegada a Bande ás 12:00 horas. Visita á Serra do Leboreiro, exemplo culmen de gandeiría histórica e de confrontación co lobo. Alí nunha pequena rota de 1:30 horas podemos ver o foxo do lobo de Corbelle, de tipo "de converxencia", bastante derruído. Tamén veremos a intensa actividade desta serra desde o Neolítico, plasmada en máis de 200 mámoas espalladas pola serra, das que veremos algunha.

Xantar. Carballeira de Aquis Querquennis e visita do xacemento (levar comida)

Roteiro ao Foxo do lobo de Guende ás 16:00 horas. É o mellor conservado, da tipoloxía "de cabrita". Leva aproximadamente 2 horas. Á volta, visitarase, se quedase tempo, a Igrexa visigótica de Santa Comba e a vila de Celanova.

Nota:
Información e inscricións:
ADEGA: 981570099 e adega@adega.info





Éxito de participación nas II xornadas sobre o lobo galego
http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=39284


ADEGA e o CEIDA (Centro de extensión e divulgación ambiental de
Galicia) conseguiron reunir máis dun cento de persoas interesadas en
coñecer e debater sobre o futuro do lobo en Galiza e sobre o Plano de
Xestión que vai impulsar a Xunta proximamente, aínda que se botou
en falla a presenza dos responsábeis políticos na materia, que
legaron o convite no persoal técnico.

Ao encontro asistiu Silvia Ribeiro como representante do Grupo Lobo
de Portugal que retratou a visión da problemática deste animal no
país veciño, onde está protexido pola lexislación desde os anos 90
cunha lei que agora está en fase de revisión. Ademais sinalou
algunhas eivas coas que se atopa a especie en territorio portugués,
como a falla dun “Plan de acción para a conservación da especie” que
axude a reforzar e a implementar a protección do lobo, ou a ausencia
de vontade da Administración para a aplicación da lei.
Sobre o caso asturiano, onde o lobo tampouco é especie cinexética, e
sobre as repercusión sociais que implica a súa protección nesta
comunidade, falaron Alfredo Menéndez e Laura Varona, membros da
Asociación pola Defensa Xurídica do Medio Ambiente, ULEX. Ambos os
dous aseguraron que un Plano de Xestión non é un instrumento
xurídico que ofreza garantías á hora de conservar á especie e, polo
tanto, debe de ser moi concreto e rigoroso para que non sexa obxecto
de interpretacións “a medida”, como está a suceder en Asturias.
Segundo os letrados, alí vívese un ambiente de crispación social que
as indemnizacións non conseguen abater e onde o lobo segue a ser
obxecto de tiro, situación propiciada pola Administración. Especial
mención fixeron ás “zonas libres de lobo” establecidas polo goberno
asturiano que están a complicar os esforzos no achegamento de
posicionamentos.

Pola súa parte, Felipe Bárcena, un dos primeiros estudosos do lobo en
Galiza e autor de varios libros referidos a esta especie, apuntou á falla
de alimento como a súa principal ameaza e o perigo fundamental da
súa conservación. A prohibición de botar preas ao monte coa aparición
do servizo de recollida de animais domésticos mortos, a presión
cinexética e a degradación do hábitat son as tres causas
fundamentais, sinaladas por Bárcena, que explican a ausencia de
alimento. Pero tamén culpa á pouca vontade da Administración de
establecer medidas que eviten esta situación e responsabilízaa de
estragar coas súas políticas o hábitat propicio para o lobo (coas rozas
e podas, coa proliferación de vallados inpermeábeis, con barreiras
infraestruturais...). Na súa opinión, o futuro do lobo en Galiza é
incerto.

Doutro lado, Luis Llaneza, un dos responsábeis da redacción do Plano
de Xestión do Lobo de Galiza, explicou paso por paso o proceso de
elaboración do documento no que, desde o seu punto de vista, se
acadou un grande consenso entre os sectores implicados. O
planeamento define os criterios a seguir na conservación e xestión do
lobo, zonifica por zonas o territorio galego segundo a presenza do
lobo, a partir do cal establece medidas concretas, engade medidas
ligadas á perspectiva cultural e patrimonial da especie, á investigación
e ao control ou revisión do propio planeamento.

Tamén participou Antonio Cabana Fernández por OVICA, na voz dos
gandeiros de gando ovina e caprino, Xosé Gómez Cortón, presidente
da Federación de Caza Galega, e Pedro Alonso polo grupo ecoloxista
ERVA. Os tres analizaron a problemática do lobo desde perspectivas
diferentes aínda que converxentes nalgúns aspectos, como na
necesidade de protexer ao lobo e de evitar a conflitividade social, de
establecer medidas compensatorias xustas e eficaces para os
gandeiros polos ataques do animal, de promocionar con carácter
prioritario medidas de prevención contra os ataques ou de acadar a
transversalidade entre as institucións para xestionar a especie, entre
outros.


CONCLUSIÓNS
En definitiva, o II Encontro do lobo serviu para consensuar entre os
afectados, ecoloxistas e expertos, as seguintes conclusións:

1.-É necesario evitar a crispación social a través do diálogo e consenso
entre as distintas partes afectadas pola problemática do lobo.
2.-O Plano de Xestión do Lobo en Galiza é necesario e inevitábel, pero
a súa aplicación efectiva dependerá da vontade da Administración, a
razón da resposta social, polo que se mantén o compromiso dos
diversos sectores implicados de chegar a acordos.
3.-A recuperación do hábitat do lobo establécese como unha medida
prioritaria entre as medidas que debera de impulsar a Xunta no Plano
de Xestión.
4.-É urxente buscar unha solución ao problema da falla de alimento
do lobo.
5.-Tamén é necesario evitar medidas e políticas agroforestais que
prexudiquen a evolución e dinámica das especies salvaxes (destrución
do mato, vallados...).
6.- Indemnizacións si, pero non de calquera xeito (xustas, efectivas,
que eviten a picaresca...), nin como medida única fronte a
conflitividade social. Habería que indemnizar nomeadamente a
aqueles gandeiros que vivan en zonas lobeiras, rexeitando
taxantemente a creación de “zonas libres de lobo” (como se fixo en
Asturias).
7.-Afondar nos métodos preventivos.
8.-Afondar na investigación para facer un seguimento e diagnose
adecuados da especie.
9.-Ter en conta a voz dos gandeiros en todo momento.
10.- Promover a Educación Ambiental de cara a un cambio de actitude
sobre a especie.

ROTEIRO AO FOXO DE GUENDE
O domingo día 9 de novembro, ADEGA organizou un roteiro no
concello de Bande, polos montes da Serra do Xurés, coa intención de
visitar un dos foxos que mellor se conservan en Galiza de tipoloxía
“de cabrita”. O foxo ou a Casa do Lobo de Guende é un elemento
singular do noso patrimonio etnográfico que se empregaba para dar
captura ao lobo utilizando como cebo unha cabrita que se poñía no
alto dunha pena arrodeada dun muro de pedra duns 2 metros de
altura. A ruta foi guiada polo arqueólogo David Pérez, coñecedor da
zona, quen ademais comentou algunhas das lendas relacionadas co
lugar. No percorrido tamén participou o estudoso Felipe Bárcena.
Posteriormente visitouse a aldea de Cela, caracterizada pola súa
arquitectura de “bolos”.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 


 



máis..


 

:: Concentración contra a sentenza do Prestige ::

:: Domingo 6 de outubro as 12:00 na Alameda de Santiago: “Por unha Galiza sen lumes, por un rural con futuro” ::

:: Por un uso social do faro de Oza - Acto reivindicativo/festivo ::

:: Manifestación en Compostela contra a Minarí­a Destrutiva na Galiza ::

:: 11 de Agosto: Festa Revolta no Courel ::

:: Intifada Cultural - Denuncia da Detención Ilegal do palestino Nabil Al-Raee ::

:: MARCHA MONTE PINDO - Pola declaración de Parque Natural ::

:: 2 de Abril, Concentración polas Fragas do Eume ::

:: Vitaminas para o galego ::

:: Festa de Galiza Non Se Vende na Taberna do Salgheirón ::

:: V Marcha a pé en Ferrol - Mugardos. “Planta de gas fora da ría” ::

:: Festival da Memoria Histórica en Aranga (A Coruña) ::

:: Mobilización expansiva en defensa da nosa lingua ::

:: Domingo 8 de Maio: Manifestación en Concerto de GALIZA NON SE VENDE ::

:: O GALEGO É A CHAVE COA QUE ABRIMOS O MUNDO - ACTO NACIONAL POLA LINGUA - Queremos Galego ::

:: Hoxe celébrase o espectáculo "Tatatachán!" en beneficio da protectora de animais O Jaticán ::

:: 10 de Novembro en Vigo: Día adicado aos ODM no FESTIVAL CURTOPÍA ::

:: Xeiras sobre a Lingua Galega ::

:: Tributo a José Afonso en Cangas ::

:: Festival Libérate contra a Violencia de Xénero na Coruña ::

:: Universidade de Vigo - Os Comités inician unha nova campaña en defensa do galego ::

:: 18 de Outubro, Manifestación en Santiago de Compostela: QUEREMOS GALEGO ::

:: Seminario de Autodefensa Linguistica ::

:: Concerto solidario no Monte Carrasco ::

:: 1º Concurso de CUTREMETRAXES de Freixo ::

:: XXIII FESTIVAL DA POESIA DO CONDADO ::

:: III Marcha a pé a Mugardos ::

:: Coanhadeira presenta o seu novo CD: `Haique´ ::

:: ROMARÍA REIVINDICATIVA EN REDONDELA (Autovía de Redondela, NON GRAZAS) ::

:: XV Edición de Ponte...nas ondas! - Os tesouros vivos ::

:: II Concurso de Fotografía Antiga - Rebulir ::

:: Galiza Non Se Vende » Defensa do Parque Rosalía ::

:: 2ª Cadea Humana - Por un albergue público XA! ::

:: O 17 de Maio. Todos en Compostela. ::

:: III Edición da Feira da solidaridade e diversidade - PANXEA | do 6 ao 17 de Abril en Carballo ::

:: Acto ridiculista no día mundial do teatro ::

:: PROGRAMA VIII XORNADAS BLANCO FREIJEIRO ::

:: A web Patrimonio.org reúne na Rede a información sobre o patrimonio cultural galego ::

:: Escoitar.org invitado ao foro mundial de ecoloxía acústica. Mexico 2009 ::

:: Manifestación nacional de Galiza Non se Vende en Compostela ::

:: Caravana Concerto de Galiza Non se Vende en Corrubedo - 4 de Febreiro ::

:: Vigo, 18 de Febreiro: CADEA HUMANA A FAVOR DAS PERSONAS SEN FOGAR ::

:: Ourense, Corrubedo e Compostela 5º, 6º e último concertos da caravana GNSV ::

:: Ghastas Camino? Google Translate incorpora o galego en fase de probas ::

:: FERROL 4º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: Plano estratéxico para os xogos tradicionais ::

:: Lugrís. Viaxe ao mundo de Ulyses Fyngal ::

:: 3º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: A Caravana Galiza Non Se Vende no LSO Casa das Atochas ::

:: Congreso da Guerrilla Antifranquista Galega. 15, 16 e 17 de xaneiro na Coruña ::

:: Uns Premios Xarmenta moi musicais ::

:: Badaladas en escoitar.org ::

:: PRIMEIRO CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: EXPOSICIÓN OS TEMPOS DE ANTES.FOTOGRAFÍAS ANTIGAS DE RAMIRÁS ::

:: Implicate 08, Noite de música e palabra solidaria. 14 de Nadal en Compostela ::

:: XX Aniversario Amnistía Internacional en A Coruña, o 10 de nadal ::

:: 10 Decembro: Solidaridade con Cuba ::

:: III MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO, do 31 de Outubro ao 6 de novembro no Museo do Pobo Galego ::

:: II ENCONTRO SOBRE O LOBO GALEGO. 8-9 de novembro no CEIDA ::

:: Xogos Populares - novas ::

:: Orella pendella | Nova web que pretende recuperar ditos, recitados e cancións infantís ::

:: Chámate con xeito ::

:: A Ría non se vende - Concerto 18 de Outubro ::

:: Salvemos Fonte Gaiteira - concentración o domingo 28 de Setembro ás 12h ::

:: Festival contra o Alzheimer o 13 de Setembro en Salceda de Caselas ::

:: II Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais ::

:: II FESTIVAL SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI ::

:: IX Mostra de Teatro Universitario de Galiza ::

:: O V Festival de Cans ::

:: I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA ::

:: A Academia asturiana nega que a fala do Eo-Navia sexa galego ::

:: Novo obxectivo da Ciberirmandade da Fala: Aqualia ::

 

 




 

Voltar á páxina principal