>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

XVI Festival San Roque and Roll (Tioira - Maceda)
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 12 / 8 / 13 )





A localidade ourensana de Tioira, en Maceda, acolle o venres día 16 de agosto a celebración do San Rocke and Roll, un festival organizado pola Asociación Xuvenil e Cultural de Tioira que se vai celebrar a partir das 22.00 horas, con entrada gratuíta.

O programa do festival é o seguinte:

22.00. Actuación de Coche no Río (banda de versións de rock).

23.30. Concerto de The Lákazans (soul, blues e country).

01.30. Concerto de Recambios Tucho (versións de clásicos do rock con xente de Heredeiros da Crus.

03.30. Concerto de Collón de Lola (banda de versións do Xabarín Club).

O Festival San Roque and Roll é un certame consolidado e unha cita ineludible para os amantes da boa música e da festa. Os organizadores subliñan do programa a actuación no festival dos grupos The Lákazans e Recambios Tucho, "ámbolos dous creados como subgrupos do mítico Heredeiros da Crus, incuestionable referente da cultura underground galega e expresión sobranceira da propia identidade", así como o grupo Collón de Lola que, segundo explican, "fai homenaxe á nosa infancia cas cancións do programa Xabarín Club da televisión galega, que marcaron a toda una xeración a berro de ¡¡¡Ei Xabarin!!!".

Con todo e ademais de conxuntos consolidados, o festival pretende tamén "manter servir de plataforma para bandas locais emerxentes, como o grupo tioirán Coche no Río, impulsando e alentando a carreira de novos talentos musicais".














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal