>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Festa do Lago (As Pontes)

(ultima actualización: 9 / 8 / 13 )





1º aniversario da Praia do Lago
AS PONTES 23/24 Agosto 2013


O vindeiro 23 e 24 de Agosto o Concello de As Pontes celebra  o primeiro aniversario da inauguración oficial da Praia do Lagocunha singular e especial fin de semana adicada a música, á festa e á celebración.


Dúas noites de boa música nas que se poderá disfrutar dun cartel variado para que aqueles que xa coñecen a Praia do Lago disfruten e celebren o seu primeiro aniversario e tamén para que todos aqueles que ainda non se teñan achegado ata alí teñan unha razón para coñecer o entorno, a praia e disfruten dunha actividade diferente nun espazo singular.

Unha proposta coa que o Concello das Pontes pretende dinamizar o espazo, darlle cabida dentro do panorama cultural estival da comarca de Ferrolterra e dalo a coñecer a través de actividades lúdicas coas que conferirlle un novo enfoque.


venres a banda tributo galega BROTHERS IN BAND nos achegará ao mellor dunha das bandas de rock por excelencia nacida nos anos 70, os Dire Straits. O grupoconsiderado a millor banda tributo a Dire Straits de Europa,  recala en As Pontes no medio da súa xira pola península e a punto de se embarcar nunha xira polos espazos máis emblemáticos da península (Palacio Vista Alegre de Madrid, Palau Sant Jordi de Barcelona, Coliseum de A Coruña entre outros) xunto cunha das bandas tributo a Queen máispotentes do momento.


Despois de quentar motores o venres A Festa do Lago traerá unha noite de sábado do máis interesante cargada de propostas variadas, para todos os públicos.


A música arrancará ás 21:00h da man da MAGNIFIQUE BAND DOS HOMES SEN MEDO que percorrerán o recinto da Praia abrindo boca para unha noite moi especial. Non son unha charanga de feira. Non son unha brass band dun barrio baixo de Nova Orleáns  nen   unha  Big  Band. Son todo iso centrifugado con bebop, funk, rocanrol, muiñeiras, jazz primitivo: A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, cun gusto innato polas boas melodía e os arranxos de éxito condúcennos polo máis granado da historia musical, con momentos clásicos, fímicos, jazzísticos, funkeiros ou rockanroleiros.


No escenario romperán o xeo os BOURBON QUEEN, unha banda pontesa fundada no 2011 cun repertorio de Hard Blues Rock de raíces netamente dos 70, un cuarteto que ofrecerá as mellores versións de bandas míticas coas que medraron os seus compoñentes.


Tras o cuarteto pontés será a quenda dos cataláns TXARANGO que, antes de iniciar a súa xira por varias cidades europeas, presentarán a mestizaxe do seu último  traballo Benvinguts al llarg viatge (Benvidos á longa viaxe) ofrecendo hora e media de baile, diversión, revolución...


A continuación TERBUTALINA, unhas das bandas máis potentes e descaradas do momento en Galicia traerán a As Pontes esa súa recua de temas a medio camiño entre o rock de garaxe, o punk e outros sons, e presentando o seu último traballo Ritmo Serbio.


E dende Asturias, DJ PIMP, campeón de España e TOP5 do mundo de DMC,  porá o peche a estes dous días de celebración, DJ PIMP e un habitual das cabinas dos millores clubs de toda a península, as súas sesións imprevisibles e eclécticas na selección musical e cun abraiante virtuosismo técnico o teñen levado este veran a festivais como o FIB (Benicassim), Revenidas (Vilaxoan). Amellor maneira de rematar a noite e deixar ao público con ganas de máis festa... 




- Magnifique Band dos Homes sen Medo- Terbutalina -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal