>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Festival 27373 | Festival de música en galego de Begonte (10 de Agosto)
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 30 / 7 / 13 )





Cartaz ideado polo deseñador gráfico de Begonte, Marcos Vigo

A II edición do Festival 27373 de Begonte, reúne nun mesmo día, un festival para nenos e nenas polo día e concertos para os mozos e mozas pola noite

 

A Asociación Cultural Castiñeiro Milenario de Begonte vai organizar a Segunda edición doFestival 27373 que terá lugar o sábado 10 de agosto no Club Fluvial de Begonte que, amablemente, volve ceder as súas instalacións para a celebración deste festival.

 

As novidades deste ano son que serán benvidos tódolos músicos que se acheguen ata o festival a tocar e que haberá habilitada unha zona de acampada gratuíta.

 

O Festival está dividido en dúas partes. Polo día, a programación vai dirixida aos máis pequenos. A partires das 12:30 comezamos coas actividades deportivas que estarán a cargo na empresa begontina Non Estreses, que ofrecerá paseos en kaiak polo río Ladra, inchables e tiro con arco, esta actividade prolongarase ata ben entrada a tarde. Ao mediodía a sesión vermú estará amenizada polo grupo de música tradicional Arandela de O Incio. Pola tarde, ademais das actividades deportivas, teremos diferentes actividades culturais para @s pequen@s. Ás catro comezará o concerto didáctico infantil de Tonecho Castelos e Pablo Esqueira. A continuación un obradoiro de percusión e baile para nen@s e non tan nenos realizado por Branca Villares e para rematar o festival de día, un peche de auténtico luxo,Desastronauts e o seu espectáculo Un día de praia, circo e aéreos que farán a delicia de todos os asistentes.

 

Pola noite, comezará o Festival coa participación da humorista Isabel Risco que se encargará de presentar tódolos grupos co seu peculiar sentido do humor. Abrirá o festival de noite os lucenses Os Minhotos que virán a presentar o seu disco Unha pinga d’auga, tradición e unha innegable calidade musical. Desde Ourense repetimos co grupo Guezos, un deses grupos que sabe mesturar diferentes estilos musicais, desde o folk, ao rock ou o ska. Para pechar esta segunda edición teremos aos Zënzar  que este ano celebran os seus 25 anos enriba dos escenarios, toda unha heroicidade nos tempos que corren.



- Os Minhotos- Guezos- Zënzar- festivais -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal