>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Xornada de Folclore na Praza da Quintana, Compostela

(ultima actualización: 24 / 7 / 13 )





O Concello de Santiago comunica a suspensión de todas as actividades das Festas do Apóstolo.





Venres 26 de Xullo. Con Ultreia, Colexiata do Sar, Cantigas e Agarimos e Brincadeira


Dificilmente se poderían entender as Festas do Apóstolo sen as Xornadas de Folclore Galego. Durante máis de 30 anos foron referente para todos os grupos de danza e música tradicional de Galicia. Nos seus inicios, cando comezaron como concurso de baile, vivíronse xornadas de gran rivalidade, pois estas datas estaban especialmente sinaladas no calendario de todos os grupos de música e danza tradicional. Ademais, o desfile dende a Alameda ateigaba as rúas do casco histórico e posteriormente a praza da Quintana.

Hoxe en día, este evento segue sendo parte fundamental das Festas, aínda que nun formato máis tranquilo, pero non menos atractivo. Para todos os grupos segue sendo un orgullo actuar na praza da Quintana. É por iso que dende a Concellería de Festas se aposta por conservar esta xornada, patrimonio de todos os composteláns e de todos os que algún día participaron neste día.



- Cantigas e Agarimos- Brincadeira- Ultreia -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal