>> Iniciar Sesión  




+     

 


 



O Festival de Pardiñas, a piques de ser declarada Festa de Interese Turístico Galego
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 21 / 10 / 08 )



O Festival de Pardiñas, que se celebra cada ano no municipio lucense
de Guitiriz o primeiro fin de semana de agosto, está a piques de
converterse en Festa de Interese Turístico Galego, despois de que a
comisión que se encarga de avaliar as solicitudes emitise o pasado 15
de outubro un informe favorábel para a súa declaración, segundo
informou a AGN a alcaldesa, Regina Polín.

A Comisión de Valoración de Festas de Galiza de Interese Turístico,
que depende da Subdirección Xeral de Ordenación do Turismo, emitiu
un informe favorábel no que se pon de manifesto que este festival
cumpre todos os requisitos para contar con esa declaración, polo que
formalmente só está pendente de que sexa aprobada polo Consello
da Xunta de Galiza.

Este festival naceu o 3 agosto de 1980, da man da Asociación Cultural
Xermolos, coa actuación de Saraibas, María Manuela, Xoán Loura,
Xosé Ramón Eiriz e Agarimo. En case 30 anos, consolidouse como
unha cita cultural de referencia na provincia de Lugo, con actuacións
de grupos chegados desde Finlandia, Italia, Rusia, Cuba, Portugal ou
Irlanda.

Por esta cita cultural, que congrega durante todo un fin de semana
centos de persoas, tamén pasaron algúns dos máis destacados
representantes da música tradicional galega, como Xosé Manuel
Budiño, Na Lúa ou Milladoiro, e artistas moi coñecidos doutras partes
do Estado español, como Kepa Junquera.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal