>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Revenidas 2013, en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa)
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 17 / 7 / 13 )





Xoves 18 de Xullo, a partires das 21h
Maskarpone, The Lakazáns, Lusco Fusco, Borderline 79, Leo e Arremecaghona

Venres 19 de Xullo, dende as 19h
Espíritu Moreno, Najla Shami, Fura Fura, Tío Calambres, Obrint Pas, Ulträqäns, Ruxe Ruxe, Arrhythmia, Zenzar,..

Sabado 20 de Xullo, dende as 15:30
Trópico de Grelos, Narf, Fermín Muguruza, Zuloak, Os Diplomáticos de Monte Alto, O Caimán do Río Tea, Martelo, a Compañía do Ruído,...


Nota de prensa:

O xoves 18 ás 21h comezarán a soar os primeiros acordes no Porto de Vilaxoán para non parar ata o amencer do domingo. O grupo Maskarpone, gañador do Concurso de Grupos Noveis promovido polas Revenidas, serán os encargados de abrir o festival co seu estilo mestizo, con moito ska, reggae e rock. Os ourensás darán uns 45 minutos de concerto e demostraranlle o público do festival por que son os xustos merecedores do premio.

Tras este primeiro concerto, ás 22h, a Asociación Repichoca de Vilaxoán faralle unha merecida homenaxe ás traballadoras da conserveira Cuca, que levan loitando sen descanso durante todo este ano para que a produción da fábrica non sexa traslada a O Grove e todas conserven os seus postos de traballo. As traballadoras, ataviadas coa camisola do festival, subirán ao escenario a ler un manifesto o recibirán o apoio de todos os veciños e veciñas de Vilaxoán, que consideran vital para a súa vila manter operativa a fábrica. O artista Leo e Arremecaghona será o encargado de conducir este acto reivindicativo e pórlle un “himno” a súa altura.
Os seguintes en subir ao escenario serán The Lákazans, o novo proxecto de Fran Velo de Heredeiros da Crus. As súas influencias van desde o blues máis clásico de artistas como Howlin Wolf ou Muddy waters até o soul de Aretha Franklin ou Sam Cooke, pasando polo country de Johnny Cash. Despois tocaralle o grupo folk de Vilaxoán Lusco Fusco que dará conta do talento local e o estilo máis tradicional, para seguir co inigualable Leo e Arremecaghona, que volverá a coller o micro para tocar, cantar e provocar co seu show. Terminarán as actuacións co grupo Borderline79, que tamén forman parte da canteira musical da vila.
Os concertos gratuítos forman parte da celebración do X Aniversario do Festival Revenidas e son un agradecemento ao público que durante esta última década apoiou esta iniciativa e aos veciños e veciñas da vila que cada ano colaboran para que poida levarse a cabo.

Nesta primeira xornada aínda se poderá mercar nas taquillas as entradas e abonos a prezo reducido: 22€ abono e 14€ a entrada. A partir do venres xa subirán a 25€ e 18€, respectivamente.
Tamén o xoves inaugurarase unha exposición fotográfica sobre o proxecto Vacacións en Paz, no que nenos e nenas saharauís pasan os veráns en terras galegas, realizada pola ongd Agareso.
O festival, no que participan máis de 60 voluntarios e voluntarias, continuará o venres 19 a partir das 19h coa foliada de Espíritu Moreno, a actuación dos paiasos zaragozanos Click-Clowns e a música da cantante palestina Najla Shami. Todas as actividades abertas ao público. A partir das 22h comezarán os concertos de pago, nos que actuarán Fura Fura, Tío Calambres, Obrint Pas, Ulträqäns, Ruxe Ruxe, Arrhythmia, Zenzar, Dj Pimp e Dj Calambres. Haberá dous escenarios no que se irán alternando as actuacións, para que a música non pare nin un segundo.
O sábado 20, o día central do festival, a festa comezará coma sempre ao mediodía. Ao redor da sardiñada popular, na que se venderán sardiñas feitas na grella, empanada e todo tipo de bebidas, desenvolveranse numerosas actuacións desde ás 15h30 ata ás 22h, todas elas gratuítas. Ás 15h30, unha vez os nenos e nenas remataron de comer e os seus país e nais están na sobremesa, teremos o contacontos de Teruca. De seguido, ás 16h, da actuación de teatro da compañía Bandullo Azul e ás 17h as acrobacias de Kanbahiota, para rematar e animar a tarde coa percusión de Trópico de Grelos.
De 19h ás 21h30 desenvolverase a Gala de Circo solidaria co Sáhara, que tamén é de balde, pero na que se pasará “a gorra” para que as persoas que queiran colaborar con proxectos nos campamentos saharauís fagan o seu aporte. Os artistas que colaboran con esta iniciativa son: Circo Chosco, Mago Teto, Mentalini, Kanbahiota e Peter Punk, que será o encargado de conducir a todo este grupo. Rematará a gala cun concerto de Fran Pérez, Narf, cantautor e compositor e un dos artistas galegos que máis aposta pola fusión da música e a cultura entre os países lusófonos.
Ás 23h darán inicio dos concertos, a traca final do festival, con Fermín Muguruza, Zuloak, Os Diplomáticos de Monte Alto, O Caimán do Río Tea, Martelo e a Compañía do Ruído. Xunto cos DJ D Selectors e Fonky Omar.

Desde o xoves ata o domingo está aberta a zona de acampada libre, situada ao final do paseo de Vilaxoán, nun parque público para todas as persoas que teñan a súa entrada para o festival.


Estes 10 anos de historia non serían posible sen a contribución do público que merca a súa entrada, a súa camisola e consume nas barras, e por suposto tampouco sen o apoio dos patrocinadores e colaboradores. Este ano temos a sorte de contar co aporte do Concello de Vilagarcía, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, e das empresas Martín Códax, Caramuxo Camisolas, Súper Bock, Coca Cola, Gadis e Ron Legendario. Sermos Galiza, Planeta Furancho e Estudio 3 colaboran coa difusión do festival.



- Revenidas -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal