>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Festigal 2013 (Compostela) - Música, letras, activismo social, diversidade, soberanía..
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 13 / 7 / 13 )





FESTIVAL CANCELADO CON MOTIVO DO ACCIDENTE FERROVIARIO

24 e 25 de xullo, no Campus Sur de Compostela.

Noite do 24: Nao, Sés, A Quenlla e os Festicultores.

Tarde do 25: Café concerto con Tempo Catro, Habelas Hainas, Os da Ría, Grampoder e García MC; 'Rosalía pequeniña', de Uxía Senlle...


Na súa XII edición, este encontro anual coa creación artística servirá de escaparate ao activismo político e sociocultural de Galiza

Este vai ser o Festigal da rebeldía, do espazo común compartido das persoas que acreditan na soberanía para Galiza



Santiago deCompostela, 11 de xullo de 2013.- A comisión organizadora do Festigal,integrada por Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre, presentou o cartaz da décimosegunda edición deste evento xa consolidado no calendario de concertos deGaliza. Desta vez, o 24 de xullo subirán aos escenarios instalados no campus surde Santiago de Compostela Sés, Nao, Festicultores e A Quenlla; no café concertodo 25 de xullo actuarán Habelas Hainas, Os da Ría, García MC, Grampoder, TempoCatro Sexteto e o mago Antón.

Deste xeito, “oFestigal aposta por música galega e por formacións que recuperen a tradiciónmusical para a súa difusión e por novos estilos de vangarda”, sinalou TaniaAmeneiro, da Fundación Galiza Sempre. “Concibimos o Festigal como un espazo deencontro e de rebeldía, cun carácter lúdico mais tamén reivindicativo”, engadiuXavier Campos, da comisión organizadora. “Este vai ser o Festigal da rebeldía,do espazo común compartido das persoas que acreditan na soberanía para Galiza”,explicou.

“Trátase dunespazo para reivindicar e para a amosar a cultura do noso país”, indicou SaletaChao. Esta edición do Festigal, que mantén o carácter aberto e gratuíto, quereservir de escaparate á actividade que desenvolven os centros sociais comomodelo de activismo político e sociocultural en Galiza. Por iso estaránpresentes Cultura do País (Lugo), A Revira (Pontevedra), A Gentalha do Pichel(Santiago de Compostela), Faísca (Vigo), Colectivo Terra (Pontedeume) e En pé(Pontevedra). Darase conta, así mesmo, da experiencia da escola de ensinogalego "A Semente", como exemplo dun espazo de pedagoxía transformadora.

Entre asnovidades deste ano, o Festigal vestirá roupa deportiva coa organización dunhaliga de fútbol gaélico e dunha liga nacional de bilharda, nas que estarán representadosos equipos galegos destes deportes tradicionais. Segundo explicou XavierCampos, haberá unha exhibición “de loita medieval galega e cun triangular de fútbolgaélico, un deporte de recente implantación na nosa nación e que está a gañaradeptos e adeptas”.

Creación cultural galega

Ademais demúsica, de colectivos sociais e de deporte, haberá espazos para a creacióncultural galega na galería das letras e das ideas, cunha táboa redonda sobre"A soberanía, a alternativa fronte á crise política e económica", conpresenza do BNG, de ERC e de Sortu; e outro debate titulado "A mocidadepola soberanía", con Galiza Nova, Ernai, JERC, Bloc Jove e GazteAbertzaleakek. Presentaranse tamén diversas novidades editoriais.

Para ascrianzas, están previstos obradoiros infantís de construción de xoguetes e de instrumentos musicais, á parte de bailes e xogos tradicionais. A danza contemporánea chegaráda man da compañía Cisma e Uxía Senlle presentará “Rosalía pequeniña”.

A oferta complétase coa habitual zona de xantar, tendas de artesanía, librarías e espazo para asociaciacións que converten o Festigal nun lugar de encontro paramilleiros de persoas que cada ano se congregan en Santiago de Compostela paracelebraren o Día da Patria Galega.



- Festigal -
- María Xosé Silvar (Sés) -


NOVAS RELACIONADAS:



O Festigal volve con música e 'rebeldía' - Praza Pública
http://praza.com/lecer/5000/o-festigal-volve-con-musica-e-rebeldia/




Volve o Festigal, e van doce. O festival organizado pola Fundación Galiza Sempre e Galiza Nova presentou este xoves en Santiago un cartaz que supón, en certa medida, unha volta ás orixes do evento, considerado xa unha "referencia" das celebracións do 25 de xullo en Compostela. A Quenlla, Sés, os Festicultores e Nao subirán ao escenario do campus sur da capital na noite previa ao Día da Patria mentres que o propio 25 será a quenda para Habelas Hainas, Os da Ría, García MC, Grampoder, Tempo Catro Sexteto e o mago Antón.

A música tradicional, o rock, o pop, o hip hop e mesmo o humor mesturaranse nun Festigal que, di Tania Ameneiro, de Galiza Sempre, "aposta pola música galega e polas formacións que recuperan a tradición musical" xunto aos "novos estilos de vangarda": "Concibimos o Festigal como un espazo de encontro e rebeldía", engade Xavier Campos, da comisión organizadora, para quen esta edición do festival será "a da rebeldía" por ser un "espazo común compartido das persoas que acreditan na soberanía para Galiza".

Como en anos anteriores o Festigal incluirá, ademais da súa vertente musical, a aposta por servir de "escaparate" á actividade dos centros sociais e asociacións culturais galegas, tales como Cultura do País, de Lugo, A Revira de Pontevedra, A Gentalha do Pichel, de Compostela, Faísca, de Vigo, Colectivo Terra de Pontedeume ou En Pé, de Pontevedra. Ás habituais presentacións de libros e creacións culturais e ás táboas redondas da "galería das ideas" engádese este ano un espazo deportivo, cunha "exhibición de loita medieval galega e un triangular de fútbol gaélico, un deporte de recente implantación na nosa nación e que está a gañar adeptos e adeptas", explica Campos.

A organización do Festigal agarda un ano máis unha notable afluencia de público tanto aos concertos como aos espazos culturais e á zona de xantar. "Na última edición viñeron máis de 100.000 persoas de toda Galiza", subliña o secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, quen observa na combinación de "novos talentos" coas "bandas consolidadas" un dos valores do certame.





Festigal13: Música, cultura, deporte e soberanía
http://www.sermosgaliza.com/artigo/galiza/festigal-13-musica-cultura-deporte-e-soberania/20130711134635017085.html


Máis un ano, Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre organizan o Festigal, un "espazo común partillado" por todas aquelas persoas "que acreditan na soberanía para Galiza", aseguraron en comparecencia de imprensa @s organizador@s.

Os vindeiros 24 e 25 de xullo, o Campus Sur compostelán vólvese encher de literatura, música e palestras na décimo segunda edición do Festigal. Este ano, cargado de novidades coa incorpación de actividades deportivas e exhibicións que completan un cartaz musical encabezado por Nao, Sés, A Quenlla e os Festicultores. Xunto a el@s, máis un ano o café concerto completará o programa de actuacións coa presenza de Tempo Catro, Habelas Hainas, Os da Ría, Grampoder e García MC.

Desde a organización sinalan que o obxectivo é apostar "por música galega e por formacións que recuperen a tradición musical para a súa difusión e por novos estilos de vangarda”, asegurou Tania Ameneiro, da Fundación Galiza Sempre.

Deporte e cultura no Festigal'13
Como novidade, nesta edición a organización incorpora ao programa cultural unha liga de fútbol gaélico e de billarda que contarán coa presenza das equipas galegas destes deportes tradicionais. A elas sumarase unha exhibición de loita medieval e "un triangular de fútbol gaélico" un deporte, afirmou Xavier Campos, "de recente implantación na nosa nacións" mais que está "a gañar adept@s".

Aliás, a proposta cultural completarase con presentcións literarias e espazos para a creación na galería das letras e das ideas que acollerá diversas mesas redondas que achegarán diversas experiencias no activismo social e político coa soberanía como eixo central.



Neste senso, diversos proxectos sociais e culturais como Cultura do País (Lugo), A Revira (Pontevedra), A Gentalha do Pichel (Compostela), Faísca (Vigo), Colectivo Terra (Pontedeume) e En pé (Pontevedra) debullarán máis unha maneira de facer país desde os colectivos sociais ao que se sumará a experiencia da escola A Semente "como exemplo dun espazo de pedagoxía transformadora", apuntou Saleta Chao.

Finalmente, dous coloquios abordarán coas delegacións internacionais que se achegarán á capital galega con motivo do Día da Patria dúas conferencias arredor da "soberanía como alternativa". Representantes de Sortu, ERC, Ernai, JERC, Bloc Jove e Gazte Abertzaleak acompañarán ao BNG e Galiza Nova nunha edición lúdica e reivindicativa a partes iguais.





O Festigal 2013 trae música galega reivindicativa para a noite do Apóstolo e o Día da Patria
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/o-festigal-2013-trae-musica-galega-reivindicativa-para-a-noite-do-apostolo-e-o-dia-da-patria/idEdicion-2013-07-11/idNoticia-816527/


A duodécima edición do 'Festigal' traerá música galega reivindicativa para a noite do Apóstolo e o Día da Patria Galega, coas actuacións de Sés, Nao, Festicultores e A Quenlla, na noite do 24 de xullo; e Habelas Hainas, Os da Ría, García MC, Grampoder, Tempo Catro Sexteto e o mago Antón, na tarde do 25.

A comisión organizadora do 'Festigal', integrada por Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre, presentou este xoves este evento de carácter "aberto e gratuíto", que terá lugar no campus sur o día 24 a partir das 10.30 horas e no café concerto o 25 dende as 17.00 horas. Así mesmo, describiu ao 'festigal', dende o seu nacemento no 2002, como "un alzamento de novos talentos", entre os que destacou a Ultracans, Nao, Lamatumbá, Deus ke te crew e Susana Seivane, que "non eran tan coñecidos como o son hoxe".

Os deportes tradicionais formarán parte, por primeira vez, deste evento, coa presenza da liga nacional de billarda que, segundo explicou a comisión organizadora, "leva dez anos sendo un auténtico fenómeno de contrucción non só deportivo senón tamén sociocultural". A maiores, indicou que o 'Festigal' contará con exhibicións de loita medieval galega e con fútbol gaélico, un deporte mixto de recente implantación en Galicia e procedente de Irlanda.

A comisión sinalou que o ámbito das letras será parte deste festival coa presenza de editoriais e librarías, pero tamén coa presentación de libros de autores como Teresa Moure, Pilar García Negro, Miguel Anxo Fernández e Anselmo López Carreira, entre outros. Nesta mesma liña, tamén explicou que se manterá a galería infantil con espectáculos como 'Rosalía pequeniña', de Uxía Senlle, e actuacións de danza contemporánea e teatro.

Así mesmo, a comisión indicou que "haberá espazo" para o debate político soberanista como "alternativa á crise política e económica", no que participarán "representantes doutras forzas políticas soberanistas e de esquerdas do estado español".















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal