>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Milladoiro e Linho do Cuco participarán na primeira edición do festival Oka Folk (A Estrada)
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 15 / 6 / 13 )





Regato de Matamulleres e A Magnifique Bande completan o cartel - O obxectivo é consolidar o certamen con sucesivas edicións - Celebrarase o dí­a 15 do mes de xuño

A comisión de festas de San Antonio en Oca decidiu este ano dar un paso máis na súa tradicional festa con orquestas e pulpeiro. Cansados da obrigación de ter que realizar grandes desembolsos para traer ás principais orquestas galegas como reclamo, a organización dos festejos decidiu dar un xiro radical á súa formulación e apostar pola creación dun festival que nace co nome de Oka Folk.

Para a súa primeira edición, este festival contará cun cartel de primeiro nivel no que figuran Milladoiro, Linho do Cuco, Regato de Matamulleres e A Magnifique Bande dous Homes sen Medo. Todos eles uniranse nun escenario único o próximo día 15 nunha celebración que espera consolidarse con sucesivas edicións.

Así o recoñeceu onte un dos principais responsables da comisión de festas, Juan Espantoso. "Este ano decidimos darlle un cambio á festa para non ter que empeñar á parroquia con orquestas que ao final non che solucionan nada. Para que veña xente tes que traer á Panorama ou a Parides e non podemos pedir tanto aos veciños. Aí ocorréullenos a idea de facer unha festa folk que esperamos que guste á xente".

Espantoso agarda tamén que a iniciativa sexa do agrado dos propios veciños. "Non é un festival consolidado pero confiamos que a xente acuda para volver repetir o ano que vén. Esperamos tamén que os veciños respondan. A comisión deste ano está formada ademais por voluntarios porque senón estabamos preto de non ter festas de San Antonio", explicou.

O integrante da comisión encomiou ademais o cartel que lograron facer coa axuda dun dos veciños de Oca que levou a xestión cos grupos.


- Milladoiro- Linho do Cuco- Regato de Matamulleres- A Magnifique Bande -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal