>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

OUTLET, Versos en Stock. Monólogo Poético-Musical de Juan Carballo

(ultima actualización: 6 / 6 / 13 )





OUTLET é o título do novo proxecto de Juan Carballo, que vén de financiar de xeito colectivo a súa vindeira publicación logo de sumarse ó CROWDFUNDING en Verkami (http://www.verkami.com/projects/4598 ) para sacar á luz ó seu 5º traballo e poñer en marcha un MONÓLOGO POÉTICO-MUSICADO

Como en tódolos anteriores proxectos, Volta ás Rías Galegas en verso, A Casa do Poeta e A máquina do tempo pretende lavarlle a cara á poesía e continuar honestamente, facendo deste xénero algo común e popular. Achegándoa en espazos onde non é habitual representar. Dirixíndose sempre a ese público, que quizais, nunca tivo contacto con el ou acostumado a outro tipo de libros e formatos.

Juan Carballo & Nacho Pérez, coñecido guitarrista de jazz, mestuarán a través de historias cotiás, un mundo cheo de palabras, humor e matices musicais que fan única cada actuación.
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal