>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

VII Festival Alternativo Millo Verde (Redondela)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 6 / 6 / 13 )





A VII Edición do festival Alternativo Millo Verde abre este xoves día 6 cun concerto presentación na Alameda de Redondela ás 21:30 a cargo da banda galega de misturas balcánicas “Güintervan”.

O venres 6, xa no anexo do campo de Santa Mariña (anexo do Campo do Choco), comezarán os concertos ás 22 horas coa actuación dos
seguintes grupos:
A Banda de Adrelo (Vigo)
Güintervan (Soutomaior)
The turre´s band (Mos)
Jimmyjazz & Zelufank (Cádiz)

O sábado cerrarase o festival coa actuación dos seguintes grupos:
Foxy Freire (Cangas)
O sonoro Maxin (Ourense)
The Anomalys (Holanda)
Aïrtist (Hungría)

A entrada ó recinto dos concertos é gratuita.


Actividades de día
Como en tódalas edicións realizarase unha Jam Graffiti a partir das 17 horas na Alameda da vila con artistas da pintura de rúa da comarca de Redondela, Vigo e arredores. Tamén levarase a cabo o concurso de basket 3x3 que comezará o venres e rematará o sábado. O venres tamén haberá un obradoiro e mostra de danza africana, un obradoiro de construción de de barquiños con material de refugallo e a actuación de Ciclobibliotecando.
O sábado haberá unha feira de produtos ecolóxicos “Feira Verde” ás 10:30 e pola tarde continuará a Jam Graffiti e o 3x3, esta vez animados polo artista do reggae Sensi Starz. Actuará Circanelo, realizarase un obradoiro de construción de instrumentos con material de refugallo e unha “Regata pluvial polo río Alvedosa” cos barquiños construídos no obradoiro do día anterior.


- Millo Verde -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal