>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Rede de Músicas Soltas. Celanova 2013
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 21 / 4 / 13 )





sábado, 27 de abril, 20:30
Davide Salvado+Najla Shami

sábado, 1 de xuño, 20:30
Dúo Fdez & Quintá

sábado, 29 de xuño, 20:30
Sérgio Tannus Trio

sábado, 28 de setembro, 20:30
Jazzología en concerto

sábado, 19 de outubro, 20:30
Ugia Pedreira en concerto

sábado, 30 de novembro, 20:30
Mónica de Nut

A Rede de Música Soltas de Celanova son concertos de presentación dos proxectos en activo da música feita en Galicia por músicos locais ou foráneos que moran no país. Así temos os novos discos de Sérgio Tannus Trio e Davide Salvado con Najla Shami, as inminentes estreas de Jazzología ou os novos temas de Mónica de Nut, Dúo Fdez & Quintá ou as cancións inéditas en Acrobata o disco de Fred Martins e Ugia Pedreira. Pequenos formatos para o acolledor espazo do Auditorio da vila, o AMIC.

Non todo o que cae na rede é peixe, e nesta rede só cae música de autora, de autor, de raíz, música popular traballada, de todos os POPs, de todos os pobos, música viva, que respire, que se mova, que nos faga vivir e movernos… A Rede de Músicas Soltas trae peixe fresco de tempada de primavera e outono, aires cálidos en tempadas de mudanza estacional.

A RMS é un ciclo de concertos promovido polo Concello de Celanova e organizado por aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, coa colaboración da Fundación Curros Enriquez para músicas en pequeno formato e por músicos galegos ou residentes en Galicia ao redor da música popular e os seus universos.

Os concertos son sempre os venres ás 20.30 h no Auditorio Municipal de Celanova (AMIC).

A venda de entradas realizarase na porta do Auditorio 30 min. antes de cada concerto. (5 € concertos) ou por anticipado desde a Fundación Curros Enriquez.




- aCentral Folque -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal