>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Rede de Músicas Soltas. Rianxo 2013
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 20 / 3 / 13 )





venres, 22 de marzo, 20:30
Acrobata


venres, 26 de abril, 20:30
Fdez & Quintá

venres, 24 de maio, 20:30
Sérgio Tannus

venres, 14 de xuño, 20:30
Jazzologia

venres, 18 de outubro, 20:30
Davide Salvado

venres, 22 de novembro, 20:30
Xan Campos





Non todo o que cae na rede é peixe, e nesta rede só cae música de autora, de autor, de raíz, música popular traballada, de todos os POPs, de todos os pobos, música viva, que respire, que se mova, que nos faga vivir e movernos… A Rede de Músicas Soltas trae peixe fresco de tempada de primavera e outono, aires cálidos en tempadas de mudanza estacional.

A Rede de Música Soltas de Rianxo son concertos de presentación dos proxectos en activo da música feita en Galicia por músicos locais ou foráneos que moran no país. Así temos os novos discos de Sérgio Tannus Trio e Davide Salvado, as inminentes estreas de Jazzología ou os novos temas de Xan Campos Trio, Dúo Fdez & Quintá ou as cancións inéditas en Acrobata o disco de Fred Martins e Ugia Pedreira. Pequenos formatos para o acolledor espazo do Auditorio da vila.



A RMS é un ciclo de concertos promovido polo Concello de Rianxo e organizado por aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, de músicas en pequeno formato e por músicos galegos ou residentes en Galicia ao redor da música popular e os seus universos.

Os concertos son sempre os venres ás 20.30 h no Auditorio de Rianxo (ver mapa) .
A venda de entradas realizarase na porta do Auditorio 30 min. antes de cada concerto. (5 € concertos / bono 20 €).



- aCentral Folque -


NOVAS RELACIONADAS:



A Rede de Msicas Soltas leva aCelanova as propostas musicais de grandes artistas galegos
http://www.tempodelecerourense.com/novas/consultar/1077/a_rede_de_musicas_soltas_leva_ao_amic_de_celanova_as_propostas_musicais_de_grandes_artistas_galegos




A Rede de Músicas Soltas é unha iniciativa de Central Folque -Centro Galego de Música Popular de Santiago de Compostela- que ten por obxectivo, segundo Olga Nogueira, "promover as propostas musicais feitas por artistas galegos ou non galegos residentes en Galicia". Con esta filosofía "e tamén co obxectivo de que o público desfrute dos espectáculos máis orixinais do momento feitos polos nosos artistas", a rede deseña cada ano un programa de concertos que chegan a moitos recunchos da xeografía galega, "nunha rede de banda ancha na que teñen cabida aquelas propostas musicais de autor que destacan pola súa calidade".

O Concello de Celanova apostou por esta Rede de Músicas Soltas para retomar a programación do Auditorio Municipal Ilduara desta localidade (AMIC), unha vez rematado o equipamento escénico do edificio. Deste xeito, o AMIC convértese no único espazo da provincia que recibirá este ano as propostas da rede, que se concretan en seis concertos repartidos en distintas datas de aquí ao mes de novembro.

Programa de concertos

Os concertos comezan este sábado, día 27 de abril, coa actuación de Davide Salvado e Najla Shami. Continuarán o día 1 de xuño co Dúo Fdz. e Quintá. O seguinte concerto será o de Sergio Tannus, o día 29 de xuño. Seguiralle a actuación de Jazzología, o 28 de setembro. O 26 de outubro, o espectáculo seleccionado é Acróbata e rematará o ciclo de actuacións o día 30 de novembro con Mónica de Nut. Todas as actuacións serán ás 20.30 horas e o prezo de cada unha é de 5€, aínda que existe a posibilidade de mercar un bono de 20€ para os seis concertos.

A programación da Rede de Músicas Soltas no AMIC presentouse este mércores no Centro Cultural, nun acto no que participaron Olga Nogueira; o alcalde de Celanova, José Luís Ferro Iglesias e máis o músico Davide Salvado, que inaugura o ciclo de concertos coa súa actuación este sábado xunto con Najla Shami.

Equipamento escénico do edificio

Na súa intervención, José Luís Ferro Iglesias explicou que a acollida da proposta da Rede de Músicas Soltas no AMIC marcará tamén a reapertura do auditorio despois de ter rematado o equipamento escénico do edificio. Segundo as súas palabras, "a dotación económica de 130.000€ que nos facilitou a Deputación de Ourense permitiunos levar adiante o equipamento escénico do auditorio e acondicionalo para poder programar con luz e son sen necesidade de alugar os equipos para cada actuación". Isto, segundo o rexedor, "vainos permitir ter unha oferta escénica estable co fin de rendabilizar o excelente equipamento cultural co que agora conta a sala, ademais de converter a Celanova nun lugar de vangarda para o ocio e a difusión da cultura".

Davide Salgado, pola súa banda, explicou que o concerto que vai ofrecer este sábado xunto con Najla Shami, "será unha actuación bonita na que interpretaremos o tipo de música que nos gusta aos dous". Sinalou Davide que o seu obxectivo sobre o escenario "é o de facer música galega que emocione" e que, nesta liña, "tocaremos música galega recollida e tamén algunhas composicións de Najla" nun espectáculo que, segundo asegurou, "está deseñado de maneira especial para o AMIC".















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal