
Na mañá do domingo, 26 de maio, no Casco Vello de Vigo desenvolverase unha xornada de homenaxe floral e musical con motivo de se cumpriren os 150 anos da publicación da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro.
Desde primeira hora, elaboración dunha alfombra floral.
A partir das 12,00 horas desenvolveranse varias actuacións de grupos de gaitas e de baile tradicional.
Ás 13,00 horas, na Praza de Almeida, acto oficial e intervención do Coro Tradicional Cantares do Brión (Vincios-Gondomar) e mais do Orfeón Mariñeiro do Berbés.
A continuación, interpretación do Himno galego nas inmediacións do lugar onde estaba a imprenta Compañel, onde se imprimiu Cantares Gallegos.
Cantares do Brión interpretará HAS DE CANTAR, composición musical do seu director, Pablo Rial Salgueiro, e letra de Cantares Gallegos.
|