
I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA Temos o pracer de presentarvos a que será a primeira actividade de carácter formativo organizada polo noso grupo: a I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA. Celebrarase o vindeiro 25 de Maio, e consistirá na impartición de tres obradoiros de perfeccionamento: gaita galega, canto e pandeireta, e percusión. Esta Xornada, aberta a todo aquel que esté interesado, impartirase nas instalacións do Conservatorio de Música Profesional de As Pontes e terá unha duración de 8 horas.
O contido de cada un dos obradoiros pretende afondar nos coñecementos técnicos e musicais dos alumnos, e na apredizaxe de novos recursos. Para elo traemos a As Pontes a profesionais de primeiro nivel en cada unha das materias, que de seguro serán clave para que cada obradoiro sexa de máximo proveito para o alumno. Aquí volos presentamos: - Obradoiro de Gaita Galega: DANIEL BELLÓN. - Obradoiro de Canto e Pandeireta: DAVIDE SALVADO. - Obradoiro de Percusión: LOLA FERNÁNDEZ (Lola de Ribeira) e MIGUEL FRAGUAS.
O prezo de cada un de estes obradoiros será de 35 € a pagar unha vez que confirmemos a admisión na Xornada de cada alumno, no número de conta que indiquemos a tal efecto. As inscripcións pódense facer dende o 10 de Abril ata o 15 de Maio na dirección de correo xornadaferoz@gmail.com, indicando claramente: nome e apelidos, teléfono e correo electrónico de contacto, e obradoiro no que se quere inscribir. Dado que temos un límite de 15 prazas por obradoiro, a admisión de alumnos farase por rigurosa orde de inscripción.
A continuación vos indicamos os horarios da Xornada: 09:30 hs. Recepción de alumnos no Conservatorio Profesional de Música de As Pontes. Presentación do profesorado e entrega do material. 10:00 hs. Comezo dos obradoiros 11:30 hs. Descanso. Café con mantecadas de As Pontes. 12:00 hs. Reanudación dos obradoiros. 14:00 hs. Xantar. Para os alumnos interesados, haberá un xantar de confraternización no restaurante O PUXIGO. Prezo: 10 €. Autocar gratuito ó restaurante. 16:00 hs. Reanudación dos obradoiros. 20:00 hs. Clausura dos obradoiros. Entrega dos diplomas ós alumnos. A partires das 20:00, e ata que o corpo aguante, petiscos para os alumnos e foliada na cafetería LAR.
En vindeiras publicacións neste blog detallarémosvos o contido de cada un dos obradoiros e iremos dando maís información. Mentras tanto... ¡Ide pensando en animarvos! ¡Agardamos vervos na nosa I Xornada Feroz de Música Galega!.
Para calquer consulta ou dúbida podedes poñervos en contacto con nós no mesmo correo das inscripcións xornadaferoz@gmail.com, ou nos teléfonos de contacto 649461684 (Miguel) e 625500818 (Carolina).
|