>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

A Escola Livre da MPG no Salón Teatro (Compostela). REFÓRZANOS

(ultima actualización: 25 / 5 / 13 )





O vindeiro sábado 25 de maio aCentral Folque organiza un concerto especial do alumnado e profesorado da Escola Livre da MPG, centro de estudos en Compostela que brinda a oportunidade de ver diferentes proxectos en palco: Os Cempés cos mozos e mozas da ELMPG, o Combo Folque de Pedro Pascual, Guadi Galego, o Noticiario Folk 1932 coa banda sonora ao vivo de Comisa Bal, o Ensemble vocal de Davide Salvado e Paulina Ceremusynska. Os artistas colaboran xenerosamente neste concerto e os fondos recadados axudarán a facer sustentábel a Escola Livre e a súa continuidade. O prezo da entrada é de 10 €, se non podes asistir, hai unha fila 00 para contribuir co proxecto. Escribe a info@folque.com para saber como.

As entradas están á venda na Casa das Crechas, na Reixa Tenda, na Gentalha do Pichel, na Livraría Lilith/Ciranda de Santiago de Compostela. Tamén nas oficinas de aCentral Folque en Salvadas 22, baixo, Vista Alegre.Non hai reservas.A billeteira do Salón Teatro estará aberto 1 hora antes do concerto.
PROGRAMA do concerto:
ENSEMBLE VOCAL dirixe Davide Salvado e Paulina Ceremuzynska
COMBO FOLQUE dirixe Pedro Pascual
GUADI GALEGO
COMISA BAL sonoriza o primeiro documental galego "Noticiario Folk 1932"
OS CEMPÉS acompañados dos mozos e mozas da Escola Livre da MPG


- aCentral Folque -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal