>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Orella pendella | Nova web que pretende recuperar ditos, recitados e cancións infantís
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 16 / 10 / 08 )





Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que
acompañaron desde hai séculos as brincadeiras dos/as nenos/as ou
as relacións entre os membros maiores da familia e os máis
pequenos.

Hoxe en día, debido ós cambios producidos nas formas de vida e nas
actividades de lecer dos rapaces e rapazas, corremos o perigo de
perder esta riqueza definitivamente. Sen rexeitar radicalmente as
novas formas de diversión e coñecemento que nos ofrecen as últimas
tecnoloxías, consideramos que é posible e, mesmo, moi positivo para
as relacións humanas recuperar, coñecer e practicar os xogos verbais
dos nosos avós.

Por moito que cambien os tempos hai sentimentos como a tenrura
entre pais e fillos ou a alegría de xogar cos amigos/as que nunca
cambiarán. A tradición oral ofrécenos a posibilidade de seguir
expresando estes sentimentos e seguir gozando cos xogos máis
sinxelos.

Moitos dos ditos populares de Galicia son comúns a varios pobos de
Europa e, incluso, de América e de África, e outros son de creación
xenuinamente galega. De aí a enorme variedade e as múltiples
versións que podemos escoitar por veces dun mesmo recitado.

Animámosvos a participar neste proxecto achegándonos os ditos,
recitados e cancións que coñezades e gozando cos que aquí
descubrades. Non teñades reparo en enviarnos versións moi
semellantes pois tede en conta que case todas as versións son
válidas porque no seu seo latexa o xenio creador do pobo.




NOVAS RELACIONADAS:



"Este olliño pimpilín, este olliño pimpilán..."
http://www.vieiros.com/nova/69926/este-ollino-pimpilin-este-ollino-pimpilan




O proxecto recolle e difunde na rede cancións infantís, trabalinguas
e xogos orais tradicionais.


Algo está rompendo. Pérdense ditos, refráns, cancións, trabalinguas e
xogos que se conservaron e transformaron de xeración en xeración,
transmitíndose de pais a fillos, de avós a netos. Esquécense. Vén de
nacer Orella Pendella, unha web que procura recoller e difundir a
través da rede este tesouro lingüístico e sociolóxico, para que non se
perda, para que se ensine e para que se utilice.

Carlos Yus Respaldiza (responsábel de contidos da web) é mestre na
Escola de Idiomas de Pontevedra. Hai un tempo comezou a matinar
nos escasos materiais existentes en galego contendo este tipo de
xogos, e na dificultade de acceder a eles. Pensou en facer un libro-cd,
pero atopou a Kiko Fernández Mujico (responsábel técnico) e decidiron
levar o seu proxecto á web. Carlos traballou fundamentalmente coas
obras de Maruxa Barrio e Enrique Harguindey, e coas achegas de Mini
e Mero. O obxectivo é poñer a disposición de pais e mestres estes
materiais, acompañados de clips de audio, e nun futuro de vídeos e
partituras, reivindicando os xogos tradicionais e en galego.

A web recolle 'Mecos no colo' como Este olliño pimpilín/ Este olliño
pimpilán/ Este nariz narizán/ Esta boca pide pan/ Este queixo non llo
dá/ ¡Arríncate, cabalán! Xogos de botar as sortes: Pinto, pinto/
gagarabinto/ teño unha vaca/ de vinte e cinco... Ou trabalinguas como
Cinco figafarzos novos/ afigafarzaron a figafarza vella/ veu o figafarzo
vello/ e afigafarzou os cinco figafarzos novos/ e mais a figafarza vella.
Ou cancións varias como O piollo e a pulga querían casar. (Bis)/ Non
tiñan panciño para "escomenzar". (Bis)/ Saíu a formiga do seu
formigueiro: (Bis)/ "Mandaime" recado que eu son panadeiro. (Bis)


Os responsábeis da Orella Pendella piden a colaboración de todos
para completar as distintas seccións da páxina, para as que xa están
recibindo achegas diversas.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 


 



máis..


 

:: Concentración contra a sentenza do Prestige ::

:: Domingo 6 de outubro as 12:00 na Alameda de Santiago: “Por unha Galiza sen lumes, por un rural con futuro” ::

:: Por un uso social do faro de Oza - Acto reivindicativo/festivo ::

:: Manifestación en Compostela contra a Minarí­a Destrutiva na Galiza ::

:: 11 de Agosto: Festa Revolta no Courel ::

:: Intifada Cultural - Denuncia da Detención Ilegal do palestino Nabil Al-Raee ::

:: MARCHA MONTE PINDO - Pola declaración de Parque Natural ::

:: 2 de Abril, Concentración polas Fragas do Eume ::

:: Vitaminas para o galego ::

:: Festa de Galiza Non Se Vende na Taberna do Salgheirón ::

:: V Marcha a pé en Ferrol - Mugardos. “Planta de gas fora da ría” ::

:: Festival da Memoria Histórica en Aranga (A Coruña) ::

:: Mobilización expansiva en defensa da nosa lingua ::

:: Domingo 8 de Maio: Manifestación en Concerto de GALIZA NON SE VENDE ::

:: O GALEGO É A CHAVE COA QUE ABRIMOS O MUNDO - ACTO NACIONAL POLA LINGUA - Queremos Galego ::

:: Hoxe celébrase o espectáculo "Tatatachán!" en beneficio da protectora de animais O Jaticán ::

:: 10 de Novembro en Vigo: Día adicado aos ODM no FESTIVAL CURTOPÍA ::

:: Xeiras sobre a Lingua Galega ::

:: Tributo a José Afonso en Cangas ::

:: Festival Libérate contra a Violencia de Xénero na Coruña ::

:: Universidade de Vigo - Os Comités inician unha nova campaña en defensa do galego ::

:: 18 de Outubro, Manifestación en Santiago de Compostela: QUEREMOS GALEGO ::

:: Seminario de Autodefensa Linguistica ::

:: Concerto solidario no Monte Carrasco ::

:: 1º Concurso de CUTREMETRAXES de Freixo ::

:: XXIII FESTIVAL DA POESIA DO CONDADO ::

:: III Marcha a pé a Mugardos ::

:: Coanhadeira presenta o seu novo CD: `Haique´ ::

:: ROMARÍA REIVINDICATIVA EN REDONDELA (Autovía de Redondela, NON GRAZAS) ::

:: XV Edición de Ponte...nas ondas! - Os tesouros vivos ::

:: II Concurso de Fotografía Antiga - Rebulir ::

:: Galiza Non Se Vende » Defensa do Parque Rosalía ::

:: 2ª Cadea Humana - Por un albergue público XA! ::

:: O 17 de Maio. Todos en Compostela. ::

:: III Edición da Feira da solidaridade e diversidade - PANXEA | do 6 ao 17 de Abril en Carballo ::

:: Acto ridiculista no día mundial do teatro ::

:: PROGRAMA VIII XORNADAS BLANCO FREIJEIRO ::

:: A web Patrimonio.org reúne na Rede a información sobre o patrimonio cultural galego ::

:: Escoitar.org invitado ao foro mundial de ecoloxía acústica. Mexico 2009 ::

:: Manifestación nacional de Galiza Non se Vende en Compostela ::

:: Caravana Concerto de Galiza Non se Vende en Corrubedo - 4 de Febreiro ::

:: Vigo, 18 de Febreiro: CADEA HUMANA A FAVOR DAS PERSONAS SEN FOGAR ::

:: Ourense, Corrubedo e Compostela 5º, 6º e último concertos da caravana GNSV ::

:: Ghastas Camino? Google Translate incorpora o galego en fase de probas ::

:: FERROL 4º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: Plano estratéxico para os xogos tradicionais ::

:: Lugrís. Viaxe ao mundo de Ulyses Fyngal ::

:: 3º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: A Caravana Galiza Non Se Vende no LSO Casa das Atochas ::

:: Congreso da Guerrilla Antifranquista Galega. 15, 16 e 17 de xaneiro na Coruña ::

:: Uns Premios Xarmenta moi musicais ::

:: Badaladas en escoitar.org ::

:: PRIMEIRO CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: EXPOSICIÓN OS TEMPOS DE ANTES.FOTOGRAFÍAS ANTIGAS DE RAMIRÁS ::

:: Implicate 08, Noite de música e palabra solidaria. 14 de Nadal en Compostela ::

:: XX Aniversario Amnistía Internacional en A Coruña, o 10 de nadal ::

:: 10 Decembro: Solidaridade con Cuba ::

:: III MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO, do 31 de Outubro ao 6 de novembro no Museo do Pobo Galego ::

:: II ENCONTRO SOBRE O LOBO GALEGO. 8-9 de novembro no CEIDA ::

:: Xogos Populares - novas ::

:: Orella pendella | Nova web que pretende recuperar ditos, recitados e cancións infantís ::

:: Chámate con xeito ::

:: A Ría non se vende - Concerto 18 de Outubro ::

:: Salvemos Fonte Gaiteira - concentración o domingo 28 de Setembro ás 12h ::

:: Festival contra o Alzheimer o 13 de Setembro en Salceda de Caselas ::

:: II Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais ::

:: II FESTIVAL SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI ::

:: IX Mostra de Teatro Universitario de Galiza ::

:: O V Festival de Cans ::

:: I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA ::

:: A Academia asturiana nega que a fala do Eo-Navia sexa galego ::

:: Novo obxectivo da Ciberirmandade da Fala: Aqualia ::

 

 




 

Voltar á páxina principal