>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

III ROMARÍA DAS LETRAS (Boiro)

(ultima actualización: 17 / 5 / 13 )





17 de Maio de 2013
De 11:00 a 13:00 h.:


RUA PEONIL DE BOIRO
• Biblioteca e librarías na rúa.
• Happening do grupo de “Teatro do Improvisto”: OS BOLAÑOS
• Entrega de premios do Certame de Marcapáxinas.
• Recital poético a cargo do alumnado dos Centros de Ensino
Primario de Boiro.
• Concerto de Xoán Curiel: poemas de autores galegos: Rosalía,
Cunqueiro, Antía Otero...; autores portugueses e brasileiros
(Gisneide, Ervedosa, Socorro Lira...).


PAZO DE GOIÁNS:
11:00 horas: apertura recinto e recibimento participantes.
11:45 horas: actuación do grupo de pandeireteiras Nunca é tarde
e Albaroque.
12:30 horas: actuación do grupo de gaitas Algharabía e da
Escola de Música Municipal de Boiro.
13:00 horas: mostra de baile galego a cargo do grupo Xilbarbeira.
13:30 horas: xogos tradicionais e populares para todas as idades.
13:30 horas: mostra de baile e música galega a cargo da A.C.
Queixucas.
14:00 horas: mostra de encaixe a cargo de Palilleiras Galegas.
14:30 horas: xantar, coa presenza dun polbeiro, que ofrecerá
racións de polbo, carne ao caldeiro, churraso, viño do país.
16:00 horas: lectura teatralizada da obra de: Roberto Vidal Bolaño,
a cargo de grupo Airiños.
16:30 horas: actuación de Serafín Marcos, co espectáculo:
Roberto Vidal Bolaño: unha vida de teatro.
17:15 horas: presentación do libro A noite branca, de Francisco
Fernández Naval e discursos institucionais.
18:00 horas: xogos tradicionais e populares para todas as idades.
18:00 horas: paseo botánico e etnográfico pola leira do pazo
de Goiáns, con explicacións do profesor Xulio Gutiérrez e Xosé
Manel Vázquez Lijó.
19:00 horas: actuación do grupo de pandeireteiras O Son das
Ferreñas, As Xoaniñas e Lumieira..
20:00 horas: Actuación da Banda de Música Tradicional Suevia,
de Porto do Son.
21:00 horas: Actuación do gaiteiro Edelmiro Fernández.
22:30 horas: Remate da III Romaría das Letras.

Así mesmo, durante toda a xornada estarán abertos ao
público os stands dos colectivos colaboradores e a exposición
fotográfica sobre Roberto Vidal Bolaño, de Manolo Blanco.

GRUPOS PARTICIPANTES
Banda de Música Tradicional Suevia de Porto do Son
Escola de Música Municipal de Gaitas de Boiro
Riola
Lumieira
Albaroque
Xilbarbeira
O Son das Ferreñas
As Xoaniñas
Nunca é tarde
Algharabía
A.C. Queixucas
Palilleiras Galegas


- festivais -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal