>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Concertos no Toxos

(ultima actualización: 15 / 5 / 13 )





O Real Coro "Toxos e Froles" convídaos ao concerto que terá lugar no noso local social da rúa Magdalena 220 (Ferrol) o vindeiro sábado 18 de Maio ás 20:30 horas. Nesta ocasión contamos coa presenza do Coro Aimil de Xinzo de Limia (Ourense).

Formado por un grupo de xente que gosta do canto popular como mostra do espíritu lúdico da música, recolle a herdanza musical dos coros galegos iniciada en 1883 polo pontevedrés Coro Aires da Terra e continuada polo Real Coro Toxos e Froles, Cántigas da Terra, Coral De Ruada, Cantigas e Agarimos, ...
Nesa arela de transmisión e continuidade, o Coro Aimil achega unha nova xeira na reinterpretación de cantos populares, así como incide na procura e desenvolvemento de temas da tradición musical galega.
Ao longo de estes anos, o Coro Aimil participou en varios eventos musicais de carácter local, autonómico e internacional, como os organizados polo Orfeão de Barrô (Águeda, Portugal) e a Asoc. Cultural de Canidelo (Vilanova de Gaia, Portugal) ou o internacional de Coros organizado pola Coral De Ruada.
Dende fai tres anos o Coro Aimil organiza un festival anual baixo o nome xenérico de "Coralimia", no que se van dando cita prestixiosas agrupacións de ámbeto internacional. Sendo así que na primeira edición contou coa presenza do Real Coro Toxos e Froles.
Compoñen o Coro Aimil trinta voces mixtas e grupo instrumental.
Dirixe o Coro Aimil dende a súa fundación o gaiteiro ferrolán Fernando Dopico Blanco.

A entrada é libre e gratuita.


- Toxos e Froles -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal