>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Maio 2013 nas Crechas

(ultima actualizaci�n: 3 / 5 / 13 )





Xoves día 2
CELINA DA PIEDADE

de 18h30 a 20h30
Obradoiro de Canto Tradicional Alentejano
[inscripcións en aitanacrechas@gmail.com curso 8€ / curso + concerto 15€]

ás 22h30 concerto (8€)

Ten compartido palcos con Rodrigo Leão ou Mayra Andrade, levando o seu acordeón ate os mais diferentes contextos. E agora, Celina da Piedade estréase a solo, con “Em Casa”, un disco cheo de sorpresas. Nalgún lugar entre as formas e as cores tradicionais, com viaxes polas danzas portuguesas e un sentir mais moderno e universalista, Celina deseña unha música chea de alma e de personalidade.
http://www.youtube.com/watch?v=APQVXi-pDNc

Martes día 7 ás 22h30 (5€)
GRAMPODER

Estrean ‘Golf Whiskey’, o seu primeiro traballo discográfico, editado polo selo cooperativo Discos da Máquina. Grampoder son Le Roi e Martin Wu, antigos compoñentes de bandas como The Homens, Stay Pretty ou Fame Neghra. Fan rock portátil, pop campestre, folk psicodélico, hardcore comeflores. O seu set cabe nun Seat Ibiza e din que tanto poden tocar no Carnegie Hall coma nun piso de protección oficial. Porque o concepto é ese, facer boas cancións e poder adaptalas a calquer escenario.
[concerto presentación de “O Bule Bule. Son dos Chífanos”. Organiza: En Panties Producciones]
http://grampoder.bandcamp.com/


Martes día 14 ás 22h30 (5€)
BANDA BAILE ASALTO

Desde Vigo chega un proxecto froito das inquedanzas de seis músicos de diferentes estilos na procura dunha linguaxe única. O seu grande coñecemento da música tradicional galega, o gusto polas músicas doutros países e unha particular visión artística, fan que a Banda Baile Asalto sexa un proxecto apetecíbel e inetiquetábel. Música do mundo feita no noso país.
http://www.youtube.com/watch?v=0mrUckvPCFQ

Martes día 21 ás 22h30
SOM DO GALPOM

Estes mozos composteláns preparan novo traballo discográfico. Para financialo, inician agora unha campaña de crowdfunding a través de Verkami á que asocian este Proxecto Galpom, unha xira de salas en formato acústico chea de convidados e moitas sorpresas. O ritmo e a enerxía á que nos teñen acostumados pero con toda a forza do íntimo e o cercano.
http://www.myspace.com/somdogalpom


Mércores día 22 ás 21h (6€)
RADIO COS

Xurxo Fernandes e Quique Peón son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por todo o país desde hai décadas. Agora preséntannos o seu primeiro disco acompañados de tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas, Nikolay Velikov e Xan Pampín. Este traballo, concebido con forza e alegría, quere mostrar a invisibilidade que sufren as culturas minorizadas a pesar de estar aí, de arrodearnos, de ser verdades manifestamente palpábeis.
http://www.youtube.com/watch?v=LXzwbbPf6F8

Xoves día 30 ás 22h30 (10€)
LUIS PASTOR

Pasaron xa catro décadas e 20 discos desde os seus comenzos e, a piques de cumplir os 60 anos, Luis Pastor mantense leal ao título do seu primeiro traballo, Fidelidad, a unha actitude, a uns principios, a un compromiso e a un xeito aberto de facer música. ¿Qué fue de los cantautores? é un reflexo desta fidelidade e, ao mesmo tempo, unha homenaxe e un agradecemento aos que se foron, como deixa patente na adicatoria do álbum: “A todos los compañeros cantautores que ya no están pero que nos dejaron su ejemplo, su compromiso y sus canciones”.
http://www.luispastor.com/


Venres día 31 a partir das 22h30
II FESTA LOVE&PEACE
Despedimos a programación de inverno e dámoslle a benvida ao verán cunha festa chea de sol, flores e boa música. O ambiente dos 70, a Motown e o mellor da música disco estarán esta noite na Casa das Crechas. Buscade no armario a camisa estampada e o pantalón campana, que nós recuperaremos o noso cocktel Sweet Mandala para convidar aos que veñan vestidos para a ocasión.


JAM de JAZZ
Luns 13 e 27 ás 21h (2€)

Luns 20 ás 21h (3€)
JAM BRASILEGA
con Sérgio Tannus Trio

Mércores 8, 15, 22 e 29 ás 22h30 (1€)
FOLIADA

Xoves 9 e 23 ás 22h30 (3€)
DESCARGA CUBANA

Venres 10 e 24 a partir das 23h
CRECHAS SOUNDSYSTEM


- Banda Baile Asalto- Som do Galpom- Radio Cos- Sérgio Tannus- Crechas -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- Crechas -






Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal