>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Uxí­a e João Afonso no Café Cultural Aureinse

(ultima actualización: 3 / 5 / 13 )





Este venres, 3 de Maio ás 21h30 na Sala Auriense de Ourense,
Uxía e João Afonso reunirémonos para falar e cantar.
'De Lés a Lés' é unha charla distendida, cantos e palabras para celebrar que á música lle corresponde comunicar a emoción -e o pensamento- deses lugares próximos (Galiza e Portugal), das cancións que están no ar e que son de tod@s.
Cantar é unha forma de ofrecer a alma, de coñecermonos. Lembraremos tamén os cantos que nos foron aproximando dende que nos vimos pela primeira vez, os do seu tío Zeca que nos seguen a emocionar, e as nosas propias composicións inspiradas nesa raiz común.
Cantaremos na nosa lingua e sentiremos o noso canto perto de Recife, Açores, Mindelo, Maputo, o Alentejo...¡Tan diferentes e tan iguais!. Nunca camiñaremos en solitario, neses territorios aínda por descubrir...
'Seremos muitos...seremos alguém' Zeca Afonso
Entrada: 5 euros


- Uxía Senlle -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- auriense -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal