>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Casa das Crechas - Programación Abril 2013

(ultima actualización: 28 / 3 / 13 )





JAM DE JAZZ (1€)
Luns 1 a partir das 21h30

Martes día 2 ás 22h30 (6€ anticipada, 8€ na billeteira)
TEJEDOR
Tejedor, que desde 1995 levan a música tradicional asturiana por festivais de todo o mundo, presentan agora “Positivu”, a súa nova autoproducción, un disco que se pode calificar como pleno, cheo de novas experiencias. Colaboracións de luxo como a da irlandesa Karan Casey, a nosa Guadi Galego ou os percusionistas Ion Garmendia e Iñaki Plaza , acompañan aos irmáns José Manuel e Javier nesta nova aventura que agora poderemos ver na Casa das Crechas.

Sábado día 6
FESTA BOLLYWOOD
de 18h a 20h curso de baile Bollywood con Natalia Fernández (10€)[inscripcións en reservascrechas@gmail.com]
e despois... pinchada e a bailar!

Martes día 9 ás 22h30 (5€)
PROXECTO SAPOCONCHO
O Proxecto Sapoconcho é un novo proxecto musical levado a cabo por Sapoconcho Galego e Pablo Vidal, unha voz e un contrabaixo. Un proxecto que naceu a raíz de que coincidiran en varios concertos, Pablo como músico e Sapoconcho como convidado. O repertorio vai desde algún tema propio até temas de sempre, levados ao terreo do blues. Aínda que serán o contrabaixo e a voz os protagonistas do espectáculo, tamén contaremos con parte do variadísimo e numeroso elenco de colaboradores que participaron desta aventura de Sapoconcho, unha boa representación da música galega actual.

DESCARGA CUBANA (2€) Jam a cargo de “Dinero Negro”
Xoves 11 a partir das 22h30

CICLO DE CINEMA BRASILEIRO (20h, entrada de balde)
Domingo 14 - O palhaço (2011), de Selton Mello

JAM DE JAZZ (1€)
Luns 15 a partir das 21h30

Martes día 16 ás 22h30 (6€)DÚO CAVEZ – MONTANARO
[organiza: aCentral Folque]Sophie Cavez (acordeón diatónico) e Baltazar Montanaro (violín) son músicos novos pero de amplo recoñecemento na escena belga e francesa. Aínda amosando grande sofisticación técnica, prefiren non abusar dos recursos en favor da emoción, conseguindo transmitir ao público unha enerxía especial. Unha música tecida ao detalle, con tranquilidade e delicadeza. Dous músicos complices que entenden a música como unha fonte de sensacións e divertimento sen límite.

FOLIADA (1€)
Mércores 17 a partir das 22h30

DESCARGA CUBANA (2€) Jam a cargo de “Dinero Negro”
Xoves 18 a partir das 22h30

CICLO DE CINEMA BRASILEIRO (20h, entrada de balde)
Domingo 21 - São Bernardo (1971), de Leon Hirszman

Martes día 23 ás 22h30 (5€)
CREBINSKY 5
Banda Crebinsky, agora en formato reducido, é unha pequena orquestra popular fuxida do filme Crebinsky. As súas músicas nacen como banda sonora e, saltando da pantalla, corren ás rúas e aos escenarios, medrando e desenvolvéndose con grande enerxía. Unha historia ben interesante. Se houbese que etiquetar o seu estilo, pronto nos veriamos en serias dificuldades. Con todo, podemos arriscar algunhas expresións como "música popular dun país inexistente" que nos aproximaría algo á realidade. O que si sabemos é que a contaxiosa vitalidade que transmite Banda Crebinsky invita a festa sen paliativos.

FOLIADA (1€)
Mércores 24 a partir das 22h30

Xoves día 25 ás 21h (5€ anticipada, 6€ na billeteira)SÉRGIO TANNUS “SON BRASILEGO”
... e despois JAM LUSÓFONA 25 DE ABRIL
Sérgio Tannus, músico e compositor brasileiro que vive desde hai algúns anos en Santiago, ven de editar “Son Brasilego”, un traballo que aposta polo intercambio, polo a chegamento cultural e persoal, polos ritmos e raíces comúns. Trae ademáis da música intuitiva, a reflexión sobre a nosa identidade e a irmandade entre a Galiza e o Brasil, sobre o futuro das mesmas a través da música. “Son Brasilego” é, sobre todo, un agasallo, un agradecemento a todos aqueles músicos que fixeron posible o crecimiento musical e artístico de Sérgio Tannus deste lado do Atlántico.

CICLO DE CINEMA BRASILEIRO (20h, entrada de balde)
Domingo 28 - Corações sujos (2013), de Vicente Amorim


CRECHAS SOUNDSYSTEM
(sesións de músicas do mundo por diferentes persoeiros do mundo da arte e a cultura )Todos os venres a partir das 23h

Podes reservar a túa entrada para os concertos en reservascrechas@gmail.com














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- Crechas -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal