>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Festival Reperkusión (do 10 ao 12 de maio en Bemposta, Ourense)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 26 / 3 / 13 )





O Festival Reperkusión acaba de pechar o cartel da súa edición número 11, a segunda que celebran en Ourense capital. Será os días 10, 11 e 12 de maio na Cidade dos Muchachos de Bemposta. As estrelas desta nova edición son Fermin Muguruza, que volve de xira para celebrar os seus 30 anos de carreira musical, e Manu Chao, o referente da música mestiza internacional, que repite no festival despois das súas lembradas actuacións do ano pasado. Xunto a eles outros 22 grupos de música e artistas de humor e circo para completar un cartel de gran nivel, con nomes como Haydamaky, Banda Fura Fura, Artistas del Gremio, Shazalakazoo, Skarallaos, Guezos, La Tarrancha, Rimbarán, La Sonajera Ravalera, Chimango ou o humorista Quequé.


PROGRAMACIÓN:


Venres 10
O cabeza de cartel do venres 10 de maio será Fermin Muguruza, que volve aos escenarios despois de seis anos, conmemorando os 30 anos de carreira musical do excompoñente de Kortatu e Negu Gorriak. Ese día tamén actuan no escenario principal Shazalakazoo, dúo serbio de folk-step, música balcánica, urbana e bastarda; os aragoneses Artistas del Gremio e os galegos Skarallaos, elixidos por votación popular. A noite terminará coa sesión dj con percusión dos vascos Supertumbaduo.

Antes, encargaranse de caldear o ambiente cos seus pasacalles a charanga Fanfarria Taquikardia, formada por compoñentes dalgúns dos grupos galegos máis destacados; a compañía Cair Circo, especialistas en transformar o absurdo en diversión; e o Pai Merino e o seu espectáculo “A.M.E.N.” (Accións Misioneiras Evanxélicas Nocturnas).




Sábado 11

O prato forte do sábado é a volta ao Reperkusión de Manu Chao. O artista franco-galego estará de novo acompañado por La Ventura, para ofrecer un dos seus espectaculares shows de máis de dúas horas de enerxía nos que interpreta himnos coñecidos por todos. O sábado tamén actúan no escenario principal a Banda Fura Fura, que xunta a algúns dos músicos e cantantes máis recoñecidos da escena rock galega para reinterpretar temas do Zeca Afonso; e Haydamaky, estrelas da escena alternativa de Ucraína coa súa fusión de rock, ska e punk mesturados cos sons tradicionais do seu país. Hadri Hache encargarase da sesión dj neste escenario.

Antes, ao longo da tarde e até xa entrada a noite actuarán no escenario de día, de acceso gratuíto, outro catro grupos: os galegos Guezos, os asturianos La Tarrancha e os cataláns Rimbarán, elixidos o público a través de Facebook, e La Sonajera Ravalera, proxecto esporádico que une no escenario a El Rumbao (Galicia-Colombia), Chamito (Venezuela) e Daniel Lança (Portugal). Tamén haberá humor e circo, co monologuista Quequé, famoso polas súas aparicións en televisión e o clown Peter Punk.



Domingo 12 (gratuíto)

O festival termina o domingo 12 de maio cun fin de festa de acceso gratuíto. Ao longo da tarde actuarán Chimango, arxentino que expresa como ninguén a enerxía urxente da rumba barcelonesa; a banda ska-punk-folk galega The Skarnivals; os ourensáns Ménage à Trois e a súa fusión de ritmos bailables; e XeRock, grupo de rock formado por usuarios e traballadores do Centro de atención a discapacitados intelectuais San Xerome da Guarda (Pontevedra). Tamén se celebrará a xa clásica Olimpíada de Malabares.

Ademais, as mañás do sábado e o domingo están reservadas aos talleres de malabares e as sesións de ioga da risa. A isto únese o mercadiño de artesanía que estará aberto no festival ao longo de todo o fin de semana.




ENTRADAS
www.codetickets.com / www.ticketmaster.es

BONO 3 DÍAS: Anticipada 30 €* / Taquilla 35 €
BONO 3 DÍAS + CÁMPING: Anticipada 35 €* / Taquilla 40 €
ENTRADA 1 DÍA: Anticipada 20 €* / Taquilla 25 €
*+ gastos de distribución



- Reperkusion -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal