25 anos de concertos celebran os Zenzar neste ano, recuperando vellos temas e combinándoos cos mais recentes. Despois de presentar o 8 de marzo na CAPITOL o disco tributo co que foi agasallado o grupo farán algún concerto mais, antes de centrarse nos festivais onde pretenden percorrer o país nún ano especial para o grupo. En todos ou case todos os concertos haberá algunha colaboración especial que enriqueza a posta en escea da banda.